Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 12 DE XUÑO DE 2021

N.º 132

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio De conformidade co disposto na Resolución da Alcaldía de 86 de 8 de xuño de 2021, faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para prevención e defensa contra incendios forestais, para a tempada 2021, no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Baralla, mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR Galicia 2014 2020:
Dous xefes de brigada Dous peóns condutores con carné B.
Seis peóns.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello de Baralla, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Cando as solicitudes se presenten fóra do Rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir comunicación por fax ao concello 982363221 ou ao correo electrónico: concellobaralla@concellobaralla.es, comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente, antes de rematar o prazo de presentacion da solicitude.
O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.
Procedemento de selección: a realización dunha proba teórica tipo test e valoración de méritos, segundo o establecido nas bases que se atopan a disposición dos interesados/as nas oficinas municipais e na web do concello na seguinte dirección www.concellobaralla.es.
Baralla, 8 de xuño de 2021.- O ALCALDE, Miguel González Piñeiro.
R. 1730

BARREIROS
Anuncio Formada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, en sesión de 9 de xuño de 2021, a CONTA XERAL CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2020 cos estados e anexos establecidos legalmente, exponse ó público polo prazo de QUINCE DÍAS HÁBILES, contados a partir ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Durante o dito prazo e oito días máis, os interesados lexítimos poderán examinala e formular as reclamacións, reparos e observacións que estimen pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Barreiros, 9 de xuño de 2021.- A Alcaldesa, Ana Belén Ermida Igrexas.
R. 1731

BEGONTE
Anuncio No Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo, tramítase o recurso Procedemento Abreviado 0000148 /
2021 J, interposto por D. Adolfo Rodríguez Varela, contra a desestimación presunta do Concello da reclamación de responsabilidade patrimonial formulada con data 3 de xullo de 2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 132 año 2021 12/06/2021
11/06/2021 08:00:00
10:47:22

-

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/06/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data12/06/2021

Conteggio pagine26

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni