Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/06/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 2 DE XUÑO DE 2021

N.º 123

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 3 de maio de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei. Expediente IN407A 2021-05AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Peticionario: Unión Fenosa Distribución S.A.

- Denominación: AMPLIACIÓN DE POTENCIA DE CT 27A767 BERBETOROS LUGAR RIBA DO MARCO Nº7 PALAS
DE REI
- Situación: concello de Palas de Rei - Características técnicas principais:

Substitución do transformador existente 100 KVA no CT 27A767 Berbetoros por outro de 160KVA e relación de transformación de 20.000/400-230V.

- Finalidade da instalación : Aumento de potencia - Orzamento: 5.509,81 €
- Documentación complementaria:

Separata para o Concello de Palas de Rei Separata para a Deputación Provincial de Lugo Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

Anuncio publicado en: Num BOP 123 año 2021 02/06/2021
01/06/2021 08:00:00
12:22:58

- Domicilio Social: A Batundeira, 2. Velle. Ourense

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/06/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/06/2021

Conteggio pagine18

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni