Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 29 DE XUÑO DE 2021

N.º 146

CONCELLOS
CARBALLEDO
Anuncio A Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada con data 21 de xuño de 2021 ditaminou favorablemente a Conta Xeral do Concello de Carballedo correspondente ao exercicio económico de 2020, o que faise público, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, advertíndo que durante o prazo de quince días, e oito mais, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunos.
Durante o antedito prazo poderá examinarse o expediente en horario de nove a dúas, de luns a venres, na Secretaría do Concello.
Carballedo, 22 de xuño de 2021.- O Alcalde, Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.

CHANTADA
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 16/06/2021 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes a xuño 2021.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes xuño 2021 terá lugar neste municipio dende o día 17 de xuño de 2021 ata o día 16 de agosto de 2021.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Chantada, 17 de xuño de 2021.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 1927

Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 16/06/2021 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a maiol 2021.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte o da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 146 año 2021 29/06/2021
28/06/2021 08:00:00
12:50:53

R. 1926

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/06/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data29/06/2021

Conteggio pagine16

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni