Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 145 luns, 28 de xuño de 2021

BOP Lugo
VILALBA
Anuncio BASES PARA A SELECCIÓN TEMPORAL DE 2 PRAZAS DE PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS, EN RÉXIME LABORAL
TEMPORAL DO CONCELLO DE VILALBA LUGO VINCULADAS Ó PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN DÁ EXCMA.
DIPUTACIÓN DE LUGO COS CONCELLOS, "PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO 2021" CUN
FINANCIAMENTO TOTAL DO PROXECTO DE 176.809,26 €. Expte 1330/2021
1.- OBXECTO.
1.1. É obxecto das presentes bases a cobertura, mediante contrato laboral por periodo de dez meses cunha xornada a tempo completo de 2 peóns de obras públicas, adscritos ó departamento de obras, do Concello, co límite temporal de 31/10/2022.
1.2. O sistema selectivo elexido é o de concurso-oposición.

2.- REQUISITOS.
2.1. Para ser admitidos no proceso selectivo, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público:

Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo seguinte.

Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse otra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, non acharse en inhabilitación absoluta o especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional dotro Estado, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/á sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos términos o acceso ao emprego público.

Estar en posesión da ESO ou titulación equivalente.

Estar en situación de desemprego. Acreditarase mediante informe de vida laboral actualidado, ou documento da Oficina Pública de Emprego onde conste tal circunstancia. Igualmente os candidatos poden provir de situación de mellora de emprego. Acreditarase mediante documento da Oficina Pública de Emprego onde conste tal circunstancia mellora de emprego.

2.2. Os requisitos establecidos nestas bases deberán posuírse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata a formalización do contrato laboral.
3.- INSTANCIAS.
3.1. As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas dirixiranse a Sra. Alcaldesa-Presidenta e nelas cada aspirante deberá manifestar que reúne todas e cada unha das condicións esixidas na convocatoria, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias.
3.2. As solicitudes presentaranse no prazo de cinco días naturais contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria na sede electrónica do Excmo. Concello de Vilalba tablón de anuncios e portal de transparencia e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no Rexistro Xeneral do Excmo. Concello de Vilalba, en días laborais e en
Anuncio publicado en: Num BOP 145 año 2021 28/06/2021
25/06/2021 08:00:00
13:13:03

1.3. Ó presente proceso selectivo seralle de aplicación o Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de otubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Emplregado Público; o Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de otubro polo que se aproba o Texto Refundido de Estatuto dos traballadores; a Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma dá Función Pública; a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora dás Bases do Réxime Local; o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido dás Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réximen Local; o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programa mínimos a que debe axustarse o procedimento de selección dos funcionarios da Administración Local; o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo; Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia; Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia; Texto Refundido da Lei de Igualdade das mulleres de Galicia, Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidade do persoal ó servizo dás Administracións Públicas, Lei 39/2015, de 1 de otubro, do procedimento administrativo común das Administracións Públicas, polo establecido non Plan Unico de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo ó amparo do programa de fomento do emprego 2021 e as bases da presente convocatoria.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/06/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data28/06/2021

Conteggio pagine32

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni