Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/06/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 123 mércores, 2 de xuño de 2021

BOP Lugo
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 3 de maio de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 1563

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE RÉXIMEN INTERIOR, PROMOCIÓN DO TERRITORIO E TURISMO
Anuncio Na Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo de data 28 de maio de 2021, acordouse aprobar e publicar no B.O.P de Lugo as bases reguladoras da convocatoria dos Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense para a anualidade 2021. Para dar cumprimento a dito acordo, publícase o texto íntegro das mesmas.
CONVOCATORIA E BASES DOS PREMIOS PROVINCIAIS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE E E PARA
COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2021

No contexto destas accións, a finalidade das presentes bases é a creación de recoñecementos honoríficos na procura dunha posta en valor de persoas, entidades públicas e privadas, actividades e proxectos sobranceiros no eido do turismo e da gastronomía como elementos socioeconómicos e culturais fundamentais para a identidade da provincia.
Polo anteriormente exposto, establécense as seguintes bases:
Primeira: Obxecto As presentes bases teñen por obxecto a regulación da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Estas distincións teñen por misión recoñecer publicamente a dedicación de distintas empresas, persoas, institucións ou entidades e os seus méritos polo traballo realizado en prol do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística, a traxectoria profesional e a posta en marcha de actuacións innovadoras e/ou exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía da provincia de Lugo, ben no seu conxunto ou nun ámbito territorial inferior comprendido dentro da provincia.
Segunda: Natureza Os premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense terán carácter honorífico, sen que a súa concesión supoña a adquisición de dereito económico ningún por parte das entidades ou persoas galardoadas.
O premio consistirá nun diploma acreditativo e nun agasallo de carácter simbólico, que nesta anualidade será unha peza de artesanía tradicional da provincia de Lugo.
As entidades ou persoas galardoadas poderán indicar a súa condición de premiadas nas accións de promoción que realicen para dar a coñecer a labor que fose obxecto destas distincións.
Os premios obxecto destas bases serán entregados en acto público o 27 de setembro, Día Mundial do Turismo.
Terceira: Candidaturas Poderán optar aos premios as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, tanto a título individual como colectivo, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das modalidades establecidas nestas bases e cuxa actuación teña ou tivese unha repercusión positiva no turismo ou na gastronomía a nivel provincial ou nunha zona específica de actuación dentro do territorio lucense.
Cuarta: Modalidades Os premios provinciais obxecto desta convocatoria corresponden ás seguintes dúas modalidades:
MODALIDADE A: Premios Lugo Cambia ao turismo lucense Poderán presentarse a esta modalidade:

Anuncio publicado en: Num BOP 123 año 2021 02/06/2021
01/06/2021 08:00:00
12:22:58

A Deputación de Lugo, no marco das competencias conferidas pola normativa aplicable de Réxime Local e pola normativa sectorial reguladora da actividade turística na Comunidade autónoma galega, desenvolve, entre outras, actuacións que teñen como finalidade a promoción e o fomento do turismo no ámbito provincial.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/06/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/06/2021

Conteggio pagine18

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni