Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 068 sábado, 23 de marzo de 2019

BOP de Lugo
Art. 2. Función e Obxectivos da Escola Infantil 2.1. Función:
A Escola Infantil cumpre unha dobre función asistencial e educativa. Ofrece as súas persoas usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo ou condición social dirixida ó desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e nenas e á compensación de desigualdades sociais, económicas e culturais, realizando ademais unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia.
Este centro organizará o coidado dos nenos e nenas co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias mediante a súa garda e custodia e cooperará estreitamente cos pais, nais e titores para contribuír á mellor integración entre o centro e as familias.
2.2. Obxectivos:
1. Facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
2. Cubrir as necesidades socio-familiares de atención, coidado e protección dos nenos e nenas durante o tempo de ausencia dos proxenitores.
3. Establecer o dereito dos nenos e nenas a ser atendidos promovendo ademais actividades encamiñadas a favorecer o seu desenvolvemento como persoas.
4. Facilitar a integración dos nenos con necesidades educativas especiais, atendendo ás súas necesidades e características especiais.
5. Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno ou nena.
6. Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto
7. Respectar a singularidade e diversidade de cada neno e nena.

9. Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais.
Art. 3 Funcionamento do Centro 3.1. Capacidade, prazas e ratios A capacidade da Escola Infantil Municipal do Concello de Becerreá é de 41 usuarios e usuarias e conta con tres unidades:
1 UNIDADE 0-1 anos cun máximo de 8 usuarios/as.
1 UNIDADE 1-2 anos cun máximo de 13 usuarios/as.
1 UNIDADE 2-3 anos cun máximo de 20 usuarios/as.
3.2. Comisión da Escola Infantil Municipal Crearase unha Comisión da Escola Infantil Municipal de Becerreá presidida polo Sr. Alcalde Presidente, que se reunirá cando este a convoque e cuxas funcións serás as seguintes:
a Asistencia ao Alcalde no control e organización da xestión xeral do Centro.
b Baremo das solicitudes cando estas superen o número de prazas vacantes.
c Calquera outro asunto que requira da súa intervención, en aras do bo funcionamento do Centro e a que se cumpran os fins para o que foi creado.
Estará integrada por:
1. O Sr/a Alcalde/Alcaldesa presidente/a ou concelleiro/a no que delegue, que será o seu presidente/a.
2. A/o traballador/a Social do Concello 3. A/o director/a do centro 4. Un funcionario/a do Concello designado pola Alcaldía.
3.3. Servizos Básicos 1. Atención Asistencial e Educativa, a través dun proxecto educativo propio que se axusta na súa estrutura ao Decreto 330/2009 polo que se establece o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Dito proxecto educativo recollerá de xeito explícito, o tratamento lingístico do centro, a coeducación e a atención á diversidade mediante a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses e necesidades do alumnado en toda a etapa educativa. Ademais ten en conta o carácter globalizado da intervención educativa tanto en canto que un mesmo contido desenvolve obxectivos das distintas áreas de aprendizaxe e as necesidades educativas especiais dos nenos e nenas.

Anuncio publicado en: Num BOP 68 año 2019 22/03/2019 13:31:00
23/03/2019 08:00:00

8. Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e de grupo nas actitudes e actividades diarias.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/03/2019

Conteggio pagine22

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31