Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/03/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 29 DE MARZO DE 2019

N.º 073

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Vista a modificación do Acordo Marco do Persoal Funcionario do Concello de Viveiro Código 27100072122019, acordado na mesa xeral de negociación de data 14 de novembro de 2018 e aprobado polo pleno municipal en data 12 de decembro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo de modificación no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

Lugo, 15 de marzo de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
MODIFICACIÓN PUNTUAL DO ACORDO MARCO DO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE VIVEIRO.
De conformidade co acordado pola Mesa Xeral de Negociación e polo Pleno da Corporación, na sesión celebrada en data 12 de decembro de 2018, asínase polas partes negociadoras a seguinte modificación do Acordo Marco do persoal funcionario do Concello de Viveiro:
A.- Eliminación da referencia prevista no artigo 72 aos límites mínimos de niveis.
O establecemento de niveis mínimos previsto no acordo marco, foi concebido no seu momento atendendo a unha concreta estrutura organizativa que coa aprobación da nova RPT resulta superada e obsoleta, polo que procede a eliminación da referencia prevista no artigo 72 aos límites mínimos de niveis.
B.- Modificación dos artigos 76 e 46 do acordo marco.
O artigo 76 queda coa seguinte redacción:
Artigo 76.- Gratificacións por servizos extraordinarios. O horario realizado por estes servizos fóra da xornada laboral establecida compensarase, cada hora extra traballada, con hora e media libre.
Excepcionalmente, no caso de non poder compensarse en horario, compensarase económicamente.
A cuantificación do valor hora a efectos de gratificacións por servizos extraordinarios, calcularanse atendendo ao criterio seguinte: - Valor hora/ano calcularase dividindo a retribución total anual de cada traballador/a excluíndo os trienios e a productividade, entre o número total de horas dese período. - O valor da hora extra calcularase incrementando o valor hora/ano nun 50%.
A efectos deste precepto entenderase por servizos extraordinarios únicamente os que supoñan prestación efectiva de servizos e nunca a mera dispoñibilidade, aínda que supoña a inmediata incorporación ao servizo.
O artigo 46.9 queda coa seguinte regulación:
As horas extraordinarias compensaranse preferentemente con descansos, a razón de 1 hora e media por cada hora traballada. As horas de compensación acumularanse preferentemente ata chegar a completar xornadas laborais completas. Excepcionalmente, cando dispoñer de horas libres para compensar a realización de horas extraordinarias poida supoñer un grave prexuízo para o funcionamento do servizo, a compensación horaria poderá substituírse pola remuneración económica, nas contías fixadas no capítulo de retribucións deste convenio. Neste suposto, o responsable do servizo deberá formular a proposta de compensación económica, facendo constar as razóns que desaconsellan a compensación horaria, concretando a identificación dos traballadores/as afectados e o número de horas realizadas. Enviará esta proposta ao servizo de persoal que a trasladará á Comisión de seguimento para que informe o que considere oportuno. A resolución da proposta
Anuncio publicado en: Num BOP 73 año 2019 28/03/2019 12:24:06
29/03/2019 08:00:00

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/03/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data29/03/2019

Conteggio pagine14

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31