Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 16 DE MARZO DE 2019

N.º 063

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE TURISMO E CULTURA CULTURA
Anuncio 1º.- Logo de publicarse no BOP nº 186 de 14 de agosto de 2018 a listaxe de subvencións concedidas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo, anualidade 2018, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 10 de agosto de 2018-, así como a desestimación das subvencións que así mesmo figuraban nas respectivas listaxes.

2º.- Tendo en conta que con data 12 de setembro de 2018, a Asociación Cultural Peleriños presenta un recurso de reposición contra o acordo da Xunta de Goberno do día 10 de agosto de 2018, onde figuraba na relación de desestimadas a solicitude con número de rexistro 16937 para a promoción da música e baile tradicional galego da A.C. Peleriños por falta de documentación segundo o punto 8 das bases da convocatoria, alegando que a documentación solicitada no seu momento foi presentada por correo electrónico.
3º.- Logo de ver que a documentación enviada non fora recepcionada por un problema tecnolóxico, procedeuse a revisión do expediente de referencia así como a súa valoración estimándosellepor acordo da Xunta de Goberno de data 31 de decembro de 2018- o recurso de reposición presentado e concedéndoselle unha subvención por importe de 566,38 € para a actividade Promoción e difusión da música e baile tradicional galego dentro da concorrencia de subvencións destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo en concorrencia competitiva, ano 2018.
Lugo, 11 de marzo de 2019.- O Presidente.- Darío Campos Conde. A Secretaria Xeral P.S. O Secretario Xeral Adxunto, José Antonio Mourelle Cillero.
R. 0720

ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTES. SERVIZO DE
DEPORTES
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA DA ÁREA DE INNOVACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ, MOCIDADE E DEPORTES
DA DEPUTACIÓN DE LUGO QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA
PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE RALLY DE ASFALTO, TERRA OU
MONTAÑA NA ANUALIDADE 2019
Para impulsar a práctica deportiva, a Presidencia da Deputación, a través da Área de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes, convoca bolsas para a promoción e difusión do deporte, sendo consciente das dificultades dos e das deportistas lucenses de modalidades individuais, -especialmente nas etapas de iniciaciónpara progresaren na súa formación integral.
Nesa perspectiva é na que se insire o presente programa de bolsas a deportistas individuais, de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na Ordenanza Xeral de Subvención da Deputación de Lugo.
PRIMEIRO.- OBXECTO
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de bolsas para deportistas individuais da provincia de Lugo, anualidade 2019, destinadas a deportistas individuais da disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña.

Anuncio publicado en: Num BOP 63 año 2019 15/03/2019 13:32:29
16/03/2019 08:00:00

De acordo co punto 10 das bases da convocatoria, e ao abeiro da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a resolución do procedemento non será obxecto de notificación individualizada aos afectados, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP e na paxina web da Deputación de Lugo http www.deputacionlugo.org, taboleiroanuncios.deputacionlugo.org, enlace: gtablón - Deputación de Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/03/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data16/03/2019

Conteggio pagine23

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31