Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/03/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 28 DE MARZO DE 2019

N.º 072

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 13 de marzo de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede autorización administrativa previa e de construción para unha instalación eléctrica no concello da Pontenova. nº expte.
IN407A 2018/ 8670-AT
Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasrúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.

- Situación: concello da Pontenova - Características Técnicas:

LMT soterrada con orixe no apoio A40091 da LMT aérea A Pontenova e final no CT Proxectado, cunha loxitude de 30 metros en conductor RHZ1-150.

CT Prefabricado Novo CT Villaodrid, cunha potencia máxima admisible de 250 KVA e unha potencia instalada de 100KVA, relación de transformación 20.000/400-230V.

Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do Novo CT Villaodrid e final nun paso
aéreo a soterrado ubicado nun apoio de formigón, formada por dous circuitos cunha lonxitude de 20 metros en conductor tipo RV-150.

Liña aérea de baixa tensión con orixe no paso aéreo a soterrado ubicado no apoio de formigón e final nas RBTs existentes, cunha lonxitude de 80 metros en conducrtor tipo RZ-95.

Desmontaxe da LMT aérea derivación CT Villaodrid e da caseta do CT Villaodrid.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e as competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28
de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Anuncio publicado en: Num BOP 72 año 2019 28/03/2019 07:41:38
08:00:00

- Denominación: novo CT Villaodrid

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/03/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data28/03/2019

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31