Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/03/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

39

Núm. 066 xoves, 21 de marzo de 2019

BOP de Lugo
Primeiro. Beneficiarios:
Poderán solicitar e ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou unidades de convivencia que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser maior de idadeou menor emancipado con menores a cargo.
- Que o solicitante ou unidade familiar independente solicitante estén empadroados e teñan residencia efectiva no termo municipal de Monforte de Lemos cunha antiguidade mínima e ininterrompida de 6 meses.
Excepcionalmente, atendendo as circunstancias sociais do caso, poderase eximir do período mínimo de residencia segundo valoración técnica dos servizos sociais.
- Acreditar a situación de necesidade social pola que demanda a axuda orixinada pola insuficiencia de ingresos para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude de axuda. Considéranse ingresos insuficentes para a aplicación desta medida os ingresos mensuais da persoa solicitante e no seu caso da unidade familiar incluídos salarios, pensións, prestacións, subsidios, rendas e calquera outros ingresos que non superen os importes establecidos na seguinte táboa, referenciada ó IPREM anual de 14 pagas ponderado segundo os membros da unidade familiar:
ÍNDICE IPREM PONDERADO A 14 PAGAS
7.529,76€/ano 2019

RENDA MÁXIMA MENSUAL DA
UNIDADE DE CONVIVENCIA

1

1

627,48€

2

1,2

752,97€

3

1,3

815,72€

4

1,4

878,47€

5

1,5

941,22€

6

1,6

1.003,96€

7 ou +

1,7

1.066,71€

- Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda para a que solicita a axuda.
- Ser o titular do contrato da subministración eléctrica ou gas natural e que esté vixente na data de presentación de solicitudes. No caso de ser titular dun contrato de arrendamento, ser o pagador da correspondente factura de subministro da vivenda e non ter coa persoa arrendadora da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco ata o 3º grao nin constituír con aquél unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade conxugal.
- No caso de subministracións eléctricas e gas natural que teñan facturas impagadas.
Segundo. Obxecto:
Estas bases teñen por obxecto establecer o procedemento específico de prestacións económicas non periódicas destinadas a paliar situación transitorias de necesidade social relacionadas co pagamento de subministracións básicas de enerxía eléctrica, gas, gasoil calefacción e outras ontes de enerxía da vivenda, das persoas e/ou familias que se atopen nunha situación de vulnerabilidade social que teñan a súa residencia no ámbito municipal de Monforte de Lemos coa finalidade de asegurar o acceso continuado destas subministracións básicas promovendo a mellora da eficiencia enerxética e reforzando os procesos de inclusión social.
Terceiro. Bases reguladoras:
As bases reguladoras publícanse na páxina web do Concello de Monforte e na BDNS.
Cuarto. Contía:
15.000,00 €
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes:
Dende o día seguinte á publicación do presente extracto no BOP de Lugo ata o 15/12/2019.
Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2019.- O Alcalde, José Tomé Roca.
R. 0744

Anuncio publicado en: Num BOP 66 año 2019 20/03/2019 13:53:13
21/03/2019 08:00:00

MEMBROS UNIDADE DE
CONVIVENCIA

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/03/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data21/03/2019

Conteggio pagine40

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31