Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 52 sábado, 2 de marzo de 2019

BOP de Lugo
C.4.- PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a actividades culturais, con cargo ao Plan único 2019 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, correspondentes ao exercicio natural de 2019.
Debe terse en conta o establecido na Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.
C.5.- PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS.
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a actividades deportivas, con cargo ao Plan único 2019 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, correspondentes ao exercicio natural de 2019.
Atenderase ao establecido na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.
C.6.-CELEBRACIÓN DE ACTUACIÓNS/EVENTOS TURÍSTICOS.
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a promoción turística local, con cargo ao Plan único 2019 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, correspondentes ao exercicio natural de 2019.
Tomarase en conta o establecido na Lei 7/2011, de 27 de outubro, de turismo de Galicia, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.
C.7.-CELEBRACIÓN DE FEIRAS, MERCADOS E OUTROS
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a feiras, mercados e análogos, con cargo ao Plan único 2019
da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, correspondentes ao exercicio natural de 2019.
Terase en consideración o establecido na Lei 45/2007, do 13 de decembro, de desenvolvemento sustentable do medio rural, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.

A Deputación de Lugo, ten como competencia propia, entre outras, segundo se establece na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a prestación dos servizos de administración electrónica nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes Neste sentido, no ano 2016, esta entidade colaborou cos concellos da provincia mediante a sinatura dun convenio con cada un deles destinado a axudar na financiación dos custes de implementación e desenvolvemento dos sistemas e aplicacións informáticas que posibilitan a administración electrónica e tramitación de expedientes electrónicos, adecuándose e adaptándose aos requirimentos da lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015 do 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público.
Para contribuír á sostibilidade de dito investimento, a Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos este programa destinado á financiación do mantemento dos sistemas e aplicativos informáticos implantados ao abeiro dos mencionados convenios e que conforman os sistemas e servizos de administración electrónica.
Por outra banda, tanto o Regulamento UE 2016/679 do Parlamento e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos datos e polo que se derroga a Directiva 95/46 CE, Regulamento Xeral de Protección de Datos en adiante, RXPD, así como a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais en adiante, LOPDGDD, que son actualmente as normas vixentes e de aplicación en materia de protección de datos, supoñen un cambio substancial a nivel organizativo, documental, procedimental e de recursos de cara ao citado tratamento dos datos de carácter persoal.
Para dar cumprimento a estas normas, as entidades dispoñen de diversa documentación e procedementos, os cales precisan ser adaptados, mantidos e actualizados, xa que este tipo de información e sistemas son vivos e moi susceptibles de cambiar. Con esta finalidade, a Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos esta liña de axudas destinada á adecuación e actualización dos seus sistemas de xestión e diversa documentación relativa ao tratamento de protección de datos de carácter persoal.
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a administración electrónica e protección de datos, con cargo ao Plan Único 2019 da Deputación de Lugo a cantidade que cada concello determine, correspondentes con todo o exercicio natural 2019.
C.9.-PROTECCIÓN CIVIL
Con carácter xeral os concellos que conten con agrupación de Protección Civil, legalmente constituída, poderán destinar, a gasto corrente de protección civil, con cargo ao Plan único 2019 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, correspondentes con todo o exercicio natural de 2019, fixándose un máximo de 4.000,00 euros. No caso de destinar cantidade a investimentos, estes deberán ser incluídos no programa C.1.Investimentos.
Desta sorte, a Deputación Provincial axuda ao funcionamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil dos municipios, que contan con escasos recursos e axudan á seguridade das persoas e dos bens. A LBRL no seu
Anuncio publicado en: Num BOP 52 año 2019 01/03/2019 12:48:44
02/03/2019 08:00:00

C.8.-ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/03/2019

Conteggio pagine58

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31