Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/02/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 046 sábado, 23 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
o Gastos de material deportivo non inventariable preciso para a actividade competitiva para a que se solicita a axuda: por exemplo, balóns, redes, colchonetas, raquetas, aros, etc

o Gastos de vestimenta deportiva do club/entidade solicitante para a disciplina deportiva na que figuren inscritos e para a que soliciten a axuda.

o Gastos de transporte: desprazamentos do club/entidade solicitante por asistencia á competición da disciplina deportiva na que figuren inscritos e para a que soliciten a axuda.

o Gastos de combustible: ver condicións nos seguintes parágrafos o Gastos de seguro de responsabilidade civil e de cobertura de accidentes da actividade competitiva.
Todos os gastos deberán acreditarse mediante a respectiva factura e no seu caso, a respectiva certificación federativa.
Os gastos de persoal deberán acreditarse mediante nóminas, IRPF e seguridade social ou no seu caso, con respectiva factura relativa aos servizos prestados por terceiro, á entidade ou club beneficiario.
Os gastos de transporte serán subvencionables, primeiro, no caso de ter contratado a un terceiro coche alugueiro, autocar, etc. até o importe total soportado pola entidade; ou segundo, cando tendo vehículo propio da entidade, os gastos de combustible que este orixine e que estean directamente relacionados coa actividade e sexan indispensables para a adecuada preparación ou execución da mesma até un importe máximo que non supere o 30 % do custo total da actuación.
Este último criterio, de limitación do 30%, non será de aplicación para os gastos de transporte derivados da contratación a un terceiro ou dos gastos de combustible de vehículo de titularidade acreditada da entidade solicitante, utilizado expresamente para o transporte dos elementos ou aparellos imprescindíbeis para a práctica da correspondente disciplina deportiva exemplo; bicicletas, piraguas, canoas, embarcacións de remo e análogas que estean recoñecidos e se reflictan nos respectivos regulamentos técnicos oficiais.

Non serán subvencionables os gastos de aloxamento, de hostalería, comidas e restauración, nin as sancións federativas, nin os gastos xerais da entidade organizadora, a adquisición de material de oficina, informática ou similar.
En todo caso, os gastos financiables indicados anteriormente e que deberán reflectirse no respectivo orzamento de solicitude deberanse cinxir aos gastos directa e estritamente necesarios para o desenvolvemento e execución da actividade deportiva para a que se solicita a axuda e inequivocamente relacionados con ela.
B. Liña de axudas para a organización de evento deportivo Axudas destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo enténdase con sede e/ou delegación na provincia de Lugo que desenvolvan eventos deportivos de carácter puntual na provincia de Lugo e cuxa repercusión incida na promoción e a formación deportiva e con especial incidencia no deporte saudable, no deporte feminino e no deporte adaptado, dentro das disciplinas deportivas recoñecidas oficialmente polo Consello Superior de Deportes de acordo coa listaxe que figura na súa páxina web e que se relaciona no ANEXO
A desta convocatoria e que desenvolvan a actividade deportiva para a que solicitan a axuda na provincia de Lugo. As entidades e clubs deportivos solicitantes deberán estar creados como máximo a data 31 de decembro de 2018.

O orzamento financiable está composto polos seguintes gastos subvencionables:
1. Gastos de persoal preciso para a realización e desenvolvemento do evento: gastos de contratación de persoal, técnicos e/ou especialistas deportivos, ou persoal de preparación, control e seguemento técnico e loxístico da actividade, desenvolvemento e soporte do evento.
2. Premios económicos en metálico: deberán realizarse as súas respectivas retencións conforme a normativa aplicable.
3. Gastos megafonía, equipos e aplicacións informáticas, gastos de cronometraxe, chips, xestión inscricións, outro tipo de gastos de carácter técnico debidamente acreditado.
4. Medallas e trofeos: destinados directa e expresamente ao evento.
5. Alugueiro de instalacións, ou de elementos técnicos-loxisticos e de sinalización necesarios e imprescindibles para a celebración do evento.
6. Gastos federativos, xuíces e árbitros.
7. Primas de seguros exclusivamente para o evento: de responsabilidade civil e de accidentes 8. Gastos de publicidade do evento, especificamente desenvoltos para a publicidade do evento: carteleira, publicidade , redes sociais e elementos de promoción.

Anuncio publicado en: Num BOP 46 año 2019 22/02/2019 13:15:53
23/02/2019 08:00:00

Quedan excluídas desta liña de axudas á actividade competitiva, tanto as federacións deportivas, as delegacións provinciais de federacións e as sociedades anónimas deportivas.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/02/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/02/2019

Conteggio pagine64

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728