Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 199 xoves, 30 de xullo de 2018

BOP de Lugo
OBXECTIVOS:
-

Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais de ámbalas duas normas e a súa posición no ordenamento administrativo.
Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.
Determinar os distintos dereitos, deberes e obrigacións de todos os suxeitos implicados no procedemento Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: Firma, expediente, rexistro, arquivos electrónicos, etc.
Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.
Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.
Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.
Contextualizar os principios de actuación das Administracións Públicas, así como o funcionamento dos seus órganos, con referencia especial ao principio de competencia.
Destacar os principios da potestade sancionadora propia da Administración.
Facer unha breve descrición da organización político administrativa.
Sinalar a responsabilidade, sobre todo no ámbito patrimonial, da Administración pública.
Analizar a iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria propia das Administracións.
Analizar o concepto de sector Público e a súa variedade de personificación.
Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.
Por último, tratar de conseguir dos que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídico administrativo da nosa sociedade.

PROGRAMA:
LEI 39/2015, DE 1 DE OUTUBRO.
1. Estrutura da Lei; ámbito obxectivo e subxectivo; interesados no procedemento dereitos e obrigacións; o concepto de interesado: a representacion, identificación e sinatura.
2. A actividade da administración; dereitos e deberes dos administrados; obrigacións da administración; a obrigación de resolver; o silencio administrativo; documentación dos expedientes; termos e prazos.
3. Actos administrativos. Requisitos; eficacia; notificación; nulidade e anulabilidad.
4. O procedemento administrativo I. Garantías do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo: iniciación e ordenación; instrucción.
5. O procedemento administrativo II. Fases do procedemento administrativo: finalización; execución.
6. Revisión dos actos administrativos: revisión de oficio. Recursos administrativos.
7. Iniciativa lexislativa e exercicio da potestade regulamentaria. Outras disposicións da Lei.
LEI 40/2015, DE 1 DE OUTUBRO
1. Estrutura da Lei; ámbito obxectivo e subxectivo; os órganos administrativos; competencia; os órganos colexiados 2. Principios da potestade sancionadora; responsabilidade patrimonial das AA.PP; funcionamento eletrónico do sector público, os convenios.
3. A administracion xeral do estado; o sector público institucional.
4. Relacións interadministrativas. Disposicións adicionais; disposicións transitorias; disposicións finais
Código A. F.: 01.02.01.18
Denominación: A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA LOCAL ANTE AS LEIS DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO
RÉXIME XURÍDICO E TRANSPARENCIA. MODALIDADE EN LIÑA
Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo que participe na elaboración dun expediente administrativo, responsables de expedientes e auxiliares administrativos, que queiran ampliar os seus coñecementos na materia e indagar sobre as consecuencias prácticas da Administración electrónica, con coñecementos básicos de manexo de ordenadores e de navegación por internet.
Participantes: 50
Horas: 35
Datas celebración: Do 1 ao 26 de outubro de 2018

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha30/08/2018

Nro. de páginas30

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones