Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 199 xoves, 30 de xullo de 2018

BOP de Lugo
3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 11 DE SETEMBRO DE 2018 ÁS 13:00 H. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso.
4. A dita documentación dirixirase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Gabinete de Formación, por:
-

Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.
Correo postal: Rúa San Marcos, 8 - 27001 Lugo.
Fax: 982 260 169
Correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org E demáis lugares de conformidade co artigo. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SEGUNDA.- ACCESO E PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS FORMATIVAS
1. Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I.
2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados públicos o estar afectado por unha discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, incorporándose a ésta todas as vacantes que queden sen solicitantes.
3. O Gabinete de Formación poñerase en contacto cos peticionarios, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ao teléfono 982 260 065.
4. A non comparecencia ou abandono dun participante admitido a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante un ano, non será admitido ás distintas accións formativas convocadas pola Deputación Provincial de Lugo.
TERCEIRA.- CERTIFICACIÓNS
Expedirase certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós alumnos/as que asistan ó curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa. No caso dos cursos "MODALIDADE EN LIÑA", é obrigatoria a asistencia á sesión presencial, daqueles que así o requiran. Se o alumno non se presentase á sesión presencial será excluído deste.
a Certificación de asistencia, ou b Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario:
En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación.
CUARTA.- MODIFICACIÓNS
A Deputación Provincial de Lugo, poderare modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Lugo, 28 de agosto de 2018.- O Presidente: Darío Campos Conde. O Secretario: Cristóbal Víctor Fraga Bermejo.
BASES XERAIS
ANEXO I
CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS ESPECÍFICOS

Código A. F.: 01.01.01.18
Denominación: NOVIDADES NA APLICACIÓN DAS LEIS 39/2015 E 40/2015 PARA PERSOAL ADMINISTRATIVO.
MODALIDADE EN LIÑA
Destinatarios: Persoal administrativo C1 e C2 da administración local da provincia de Lugo que interveña na tramitación de expedientes administrativos.
Participantes: 50
Horas: 30
Datas celebración: Do 3 ao 31 de outubro de 2018

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha30/08/2018

Nro. de páginas30

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones