Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 13 DE AGOSTO DE 2018

N.º 185

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio O Pleno do Concello de Alfoz, en sesión plenaria ordinaria celebrada o 25 de maio de 2018 acordou aprobar inicialmente a Ordenanza reguladora da utilización de edificios, locais e instalación municipais..
No B.O.P. nº 132, de data 11 de xuño de 2018 publícase o Anuncio de exposición ó público sen que no prazo de corenta días se producira ningunha reclamación, polo que o citado acordo elévase automáticamente a definitivo.
O seu texto íntegro se fai público, para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do previsto no artigo 70.2
da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
ORDENANZA REGULADORA DA UTILIZACIÓN DE EDIFICIOS, LOCAIS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DO
CONCELLO DE ALFOZ
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Os Concellos, como Administracións Públicas mais próximas á cidadanía, teñen por tarefa indiscutible colaborar no desenvolvemento da mesma nos seus aspectos económicos, sociais, culturais, solidarios e de calquera outra índole de interese xeral. Asemade, a xestión polos entes locais dos seus bens, atendendo a principios de eficiencia e rentabilidade, tamén constitúe unha importante responsabilidade para os mesmos.
Neste marco, o Concello de Alfoz pretende poñer a disposición dos posibles interesados o uso dos seus bens inmobles de maneira que se posibilite a optimización destes recursos, garantindo que o acceso aos mesmos se produza en condicións de igualdade para todos eles, aínda que primando sempre o maior beneficio que ese uso poda reportar ao conxunto da sociedade.
O artigo 84 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de Patrimonio das Administracións públicas, de carácter básico, impón a necesidade de dispor de título outorgado pola autoridade competente para ocupar ou utilizar os bens de dominio público. Asemade, o apartado 2 do artigo 86 do mesmo texto legal establece que o aproveitamento especial dos bens de dominio público, así como o seu uso privativo, cando a ocupación se efectúe unicamente con instalacións desmontables ou bens mobles, estarán suxeitos a autorización ou, si a duración do aproveitamento ou uso excede de catro años, a concesión.
A presente ordenanza ten por finalidade, xa que logo, establecer as regras básicas que deben presidir a utilización e disfrute dos inmobles do noso Concello por parte dos posibles beneficiarios, evitando un uso inadecuado dos mesmos; pero sen que esta regulación supoña, en ningún caso, o recoñecemento dun dereito previo en favor daqueles.
Atendendo aos fines sinalados, e no exercicio da potestade regulamentaria e de autoorganización recoñecida no artigo 4.1.a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, procédese a dictar esta ordenanza reguladora do réxime da autorización demanial e o uso dos edificios, locais e instalacións municipais, por un prazo non superior a catro anos.
CONTIDO
A parte dispositiva da ordenanza divídese en 30 artigos, agrupados en 5 títulos, conforme ao seguinte esquema:
TÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS
TÍTULO II: NORMAS REGULADORAS DA UTILIZACIÓN
TÍTULO III: RÉXIME XURÍDICO
CAPÍTULO I: PROCEDEMENTO
SECCIÓN PRIMEIRA: PROCEDEMENTO XERAL
SECCIÓN SEGUNDA: PROCEDEMENTO ABREVIADO
SECCIÓN TERCEIRA: FORMALIZACIÓN DA CESIÓN DE USO

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha13/08/2018

Nro. de páginas25

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones