Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 185 xoves, 13 de agosto de 2020

BOP Lugo
d A mellora da eficiencia enerxética das instalacións comúns de ascensores e iluminación, do edificio ou da parcela, mediante actuacións como a substitución de lámparas e luminarias por outras de maior rendemento enerxético, xeralizando por exemplo a iluminación LED, instalacións de sistemas de control de encendido e regulación do nivel de iluminación e aproveitamento da luz natural.
e A mellora das instalacións de subministro e instalación de mecanismos que favorezan o aforro de auga, así como a implantación de redes de saneamento separativas no edificio e de outros sistemas que favorezan a reutilización das augas grises e pluviais no propio edificio ou na parcela ou que reduzan o volume de vertido ó sistema público de alcantarillado.
f A mellora ou acondicionamento de instalacións para a adecuada recollida e separación dos residuos domésticos no interior dos domicilios e nos espazos comúns das edificacións.
g As que melloren o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento Básico do Código Técnico da Edificación DB-HR, protección contra o ruído.
h O acondicionamento dos espazos privativos da parcela para mellorar a permeabilidade do solo, adaptar a xardinería a especies de baixo consumo hídrico, optimizar os sistemas de rega e outras actuacións bioclimáticas.
i As que melloren o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento Básico do Código Técnico da Edificación DB-HS de salubridade ou, no seu defecto, as que afecten a elementos cuxo tratamento permita reducir de forma efectiva no interior da edificación a media anual de concentración de radón a niveis inferiores a 300 Bq/m3, ou nas que sen alcanzar dito nivel, se reduza a concentración inicial polo menos un 50%.
j As que fomenten a mobilidade sostible nos servizos e instalacións comúns dos edificios ou urbanizacións tales como a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos nos aparcamentos ou adecuación de zonas e instalacións de aparcamentos de bicicletas.

l A instalación de sistemas de domótica e/ou sensórica.
Nos edificios, segundo a clasificación climática do Código Técnico da Edificación, o conxunto de actuacións das letras a, b, c e d anteriores deben conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración do edificio referida á certificación enerxética, sobre a situación previa a ditas actuacións, de polo menos:
Zonas climáticas D y E: un 35 %
Zona climática C: un 25 %
Zonas climáticas: , A e B, un 20 % ou ben alternativamente unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, dun 30 % como mínimo.
3. Actuacións de conservación que se acometan para subsanar as seguintes deficiencias:
a As relativas ao estado de conservación da cimentación, estrutura e instalacións.
b As relativas ó estado de conservación de cubertas, azoteas, fachadas e medianerías, incluíndo procesos de desamiantado.
c As relativas á adecuación interior da vivenda unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condiciones mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente esixidas.
d As actuacións para a mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade. En particular:
i. A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente.
ii. A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como grúas ou artefactos análogos que permitan ó acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio no seu caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.
iii. A instalación de elementos de información ou de aviso tales como sinais luminosas ou sonoras que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas.
iv. A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e ol exterior, tales como videoporteiros e análogos.
v. A instalación domótica e de outros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal das persoas maiores ou con discapacidade.

Anuncio publicado en: Num BOP 185 año 2020 13/08/2020
12/08/2020 08:00:00
10:21:39

k As instalacións de fachadas ou cubertas vexetais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/08/2020

Page count25

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions