Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 13 DE AGOSTO DE 2020

N.º 185

CONCELLOS
CASTRO DE REI
Anuncio Mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei. Fase I Castro de Rei Lugo.
Estase a tramitar o expediente para a licitación da obra de Mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei. Fase I Castro de Rei Lugo, de clave OH.227.657 Expte. municipal 650/2019

Castro de Rei, cinco de agosto de 2020.- O Alcalde Presidente, Francisco Javier Balado Teijeiro.
R. 1796

CHANTADA
Anuncio BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E
VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NO MARCO DO ACORDO DA COMISIÓN BILATERAL
CELEBRADA O 22 DE OUTUBRO DE 2019, RELATIVA Á ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA
DO CASCO ANTIGO DE CHANTADA LUGO 14 FASE, NA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA. PLAN
ESTATAL 2018 - 2021.
En virtude do Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e en desenvolvemento dos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 22 de outubro de 2019, relativo á Área de Rexeneración e Renovación Urbana Casco Antigo de Chantada e en relación ao papel xestor do Concello de Chantada para a execución do Plan e o seu compromiso na elaboración dunha convocatoria para a concesión das subvencións neste acordo.
Resultando que en base ó referido convenio este Concello no seu papel xestor para a execución do Plan, debe realizar a convocatoria para a concesión de subvencións previstas no acordo, ata un máximo de 17 actuacións ou ata esgotar o orzamento máximo.
Na redacción destas bases tívose en canta o disposto na vixente Lei 38/2003 do 17 de novembro xeral de subvencións, aplicable ás entidades que integran a Administración Local, e na Lei 9/2007 do 13 de xuño de subvencións de Galicia, en tanto que normas reguladoras das bases de concesión das subvencións.
Base 1.- Obxecto A presente convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento de concesión das axudas ao abeiro do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Chantada, o 22 de outubro de 2019, relativo a concesión das axudas para a área de rexeneración e renovación urbana do casco antigo de Chantada, 14 Fase, no marco do R.D. 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.
Base 2.- Ámbito territorial desta convocatoria O ámbito no que será de aplicación esta convocatoria é o da ARI do Casco Antigo de Chantada, declarada pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia o 5 de xuño de 2000.

Anuncio publicado en: Num BOP 185 año 2020 13/08/2020
12/08/2020 08:00:00
10:21:39

De conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas DOG núm. 73, de 16 de abril de 2013, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para os efectos de que poida examinarse e formular, no seu caso, alegacións ou reclamacións durante dito prazo. O expediente pódese consultar nas oficinas do Concello, en Castro de Rei, dende as dez ás catorce horas de luns a venres.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/08/2020

Page count25

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions