Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 185 xoves, 13 de agosto de 2020

BOP Lugo
Base 3.- Tipos de actuacións subvencionables As obras para as que se solicitan as axudas deberán estar comprendidas nun ou máis dos seguintes apartados:
1. Mellora da eficiencia enerxética e a sostenibilidade das vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila:
a A mellora da envolvente térmica da vivenda para reducir a súa demanda enerxética de calefacción ou refrixeración, mediante actuacións de mellora do seu illamento térmico, a substitución de carpinterías e acristalamentos dos ocos, ou outras, incluíndo a instalación de dispositivos bioclimáticos e de sombreamento.
b A instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación para o acondicionamento térmico, ou o incremento da eficiencia enerxética dos xa existentes, mediante actuacións como: a substitución de equipos de produción de calor ou frío, a instalación de sistemas de control, regulación e xestión enerxética; o illamento térmico das instalacións de distribución e transporte ou a substitución dos equipos de movemento dos fluídos caloportadores; a instalación de dispositivos de recuperación de enerxías residuais; a implantación de sistemas de enfriamento gratuíto por aire exterior e de recuperación de calor do aire de renovación e a conexión de vivendas a redes de calor e frío existentes, entre outros.
c A instalación de equipos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables como a enerxía solar fotovoltaica, biomasa ou xeotermia que reduzan o consumo de enerxía convencional térmica ou eléctrica da vivenda. Incluirá a instalación de calquera tecnoloxía, sistema, ou equipo de enerxía renovable, como paneis solares térmicos e soluciones integrais de aerotermia para climatización e auga quente sanitaria, a fin de contribuír á produción de auga quente sanitaria demandada pola vivenda, ou a produción de auga quente para as instalacións de climatización.

e A que melloren o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento Básico do Código Técnico da Edificación DB-HS de salubridade ou, no seu defecto, as que afecten a elementos cuxo tratamento permita reducir de forma efectiva no interior da edificación a media anual de concentración de radón a niveis inferiores a 300 Bq/m3, ou nas que sen alcanzar dito nivel, se reduza a concentración inicial polo menos un 50%.
Nas vivendas, segundo la clasificación climática del Código Técnico de la Edificación, o conxunto de actuacións das letras a, b y c anteriores deben conseguir una redución da demanda enerxética anual global, de maneira conxunta ou complementaria, de calefacción e refrixeración da vivenda referida á certificación enerxética, sobre a situación previa a ditas actuacións, de polo menos:
Zonas climáticas D y E: un 35 %.
Zona climática C: un 25 %.
Zonas climáticas: , A y B, un 20 % ou ben alternativamente unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, de un 30 % como mínimo.
2. As actuacións nos edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva, incluídas as que se realicen no interior das súas vivendas, que se dirixan á mellora da súa eficiencia enerxética e sostenibilidade:
a A mellora da envolvente térmica do edificio para reducir a súa demanda enerxética de calefacción ou refrixeración mediante actuacións en fachada, cuberta, plantas baixas non protexidas ou calquera paramento de dita envolvente, de mellora do seu illamento térmico, a substitución de carpinterías e acristalamentos dos ocos, o pechamento ou acristalamento das terrazas xa teitadas, ou outras, incluíndo a instalación de dispositivos bioclimáticos e de sombreamento.
b A instalación de novos sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación para o acondicionamento térmico, ou o incremento da eficiencia enerxética dos xa existentes, mediante actuacións como: a substitución de equipos de produción de calor ou frío, a instalación de sistemas de control, regulación e xestión enerxética, contadores e repartidores de costes enerxéticos para instalacións centralizadas de calefacción; o illamento térmico das redes de distribución e transporte ou a substitución dos equipos de movemento dos fluídos caloportadores; a instalación de dispositivos de recuperación de enerxías residuais; a implantación de sistemas de enfriamento gratuíto por aire exterior e de recuperación de calor do aire de renovación e a conexión de edificios a redes de calor e frío existentes, entre outros.
c A instalación de equipos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables como a enerxía solar fotovoltaica, biomasa ou xeotermia que reduzan o consumo de enerxía convencional térmica ou eléctrica do edificio. Incluirá a instalación de calquera tecnoloxía, sistema, ou equipo de enerxía renovable, como paneis solares térmicos e solucións integrais de aerotermia para climatización e auga quente sanitaria, a fin de contribuír á produción de auga quente sanitaria demandada polas vivendas, ou a produción de auga quente para as instalacións de climatización.

Anuncio publicado en: Num BOP 185 año 2020 13/08/2020
12/08/2020 08:00:00
10:21:39

d As que melloren o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento Básico do Código Técnico da Edificación DB-HR, protección contra o ruído.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/08/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/08/2020

Page count25

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions