Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm.085 mércores, 15 de abril de 2020

BOP Lugo
unidade de Caixa polo que se centralizan todos os fondos e valores xerados por operacións orzamentarias e non orzamentarias, utilizando todos os recursos dinerarios disponibles para o pago das obrigas e baixo a premisa do principio de sostenibilidade financeira recollido na LO 2/2012, de 27 de abril SEGUNDO. EXCEPCIÓNS
Quedan exceptuados da aplicación deste Plan os pagos seguintes:
-Os pagos en formalización -Os pagos de obrigas con orixe en gastos financiados con ingresos afectados que, por disposición legal ou por convenio, o seu financiamento constitúa tesourería separada -Os ingresos duplicados, fianzas, depósitos en metálico, reintegros de convenios subscritos con outras entidades públicas, reembolsos de costes orixinados polas garantías depositadas co fin de suspender o procedemento recadatorio -Devolución de ingresos indebidos ou duplicados -Pagos ás xuntas de compensación dos cobros realizados pola súa conta -Pagos que se realicen a través do sistema de pagos a xustificar ou anticipos de caixa fixa.
TERCEIRO.- ORDE XERAL DE PRIORIDADE DE PAGO

A prelación establecida no Plan de Disposición de Fondos farase efectiva no momento no que o órgano encargado da expedición das ordes de pago conoza a existencia da anotación contable do recoñecemento e liquidación das obrigas. As ordes de pago expedidas materializaranse baixo a premisa do cumprimento dos prazos de pago a proveedores que estableza en cada momento a normativa de morosidade.
Cando as disponibilidades de tesourería, certas ou estimadas, non permitan atender ao pago da totalidade das obrigas vencidas e esixibles, estarase ao seguinte orde de prelación:
Nivel 1: Xuros e capital da débeda pública prevista no orzamento Inclúese neste nivel, en virtude da prioridade absoluta do pago da débeda pública imposta polo artigo 135.3 da Constitución Española, o pago das obrigas da débeda pública do Concello de Xove.
Entenderase por tales as xeradas en concepto de cuotas de amortización e xuros das operacións de crédito a corto e/ou a longo prazo, así como os gastos que deban satisfacerse en concepto de formalización, estudio, cancelación e, en xeral, comisión de calquera especie e naturaleza derivadas deste tipo de operacións.
Os pagos axustaranse aos vencementos eestablecidos nos cadros de amortización dos créditos e préstamos correspondentes, criterio de devengo.
Nivel 2: Pagos de gastos de persoal Inclúense neste nivel todos os gastos de persoal do Concello de Xove xerados con motivo dos servizos prestados tanto na administración como nos órganos de goberno do Concello xa se trate de pagos orzamentarios ou non orzamentarios derivados da execución da nómina, indemnización aos membros da corporación por razón do seu cargo, os gastos de formación e outros gastos de acción social e as comisión por razón do servizo.
Os pagos desta naturaleza serán satisfeitos na seguinte orde:
a Retribucións líquidas do persoal: neste nivel atópanse comprendidos os gastos clasificados no capítulo I da clasificación económica dos gastos. A título enunciativo entenderanse incluídas as retribucións líquidas do persoal funcionario, laboral, eventual e as indemnización aos membros da Corporación.
b Pagos extraorzamentarios a realizar en concepto de cuotas retidas aos empregados por razón de cotizacións á Seguridade Social en calquera dos seus rexímenes, así como os derivados de liquidacións de impostos retidos aos perceptores de rentas aboadas pola Corporación e en especial as correspondentes ao Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas salvo que, en ambos casos, se tivese obtido aprazamento da obriga de ingreso de xeito regulamentario.
c Pagos de naturaleza orzamentaria en concepto de cotizacións empresariais de calquera réxime da Seguridade Social, excepto aprazamento da obriga de pago obtido de xeito regulamentario.
Nivel 3: Tributos estatais e execución de sentenzas Inclúense neste nivel os pagos non orzamentarios das retencións practicadas no IRPF retidas a terceiros como perceptores das rentas aboadas polo Concello e suxeitas á obriga de practicar retención. Inclúense os pagos a realizar á AEAT por tributos repercutidos a terceiros, liquidacións de IVA e outros tributos, taxas administrativas
Anuncio publicado en: Num BOP 85 año 2020 15/04/2020
09/04/2020 08:00:00
13:52:35

O criterio xeral na orde de prelación de pago será o de antigedade da débeda, en particular a provinte de exercicios pechados. A antigedade da débeda comenzará a computarse para o caso dos gastos, seguindo a orde da fase contable O do gasto, data na que o órgano competente do Concello recoñece a obriga económica respecto a un terceiro, previa conformidade da realización do encargo e acreditación documental suficiente do gasto realizado mediante a factura ou o seu equivalente.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/04/2020

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930