Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 078 sábado, 4 de abril de 2020

BOP Lugo
da cal introdúcese un novo Título á Lei de Bases onde se recolle a tipificación das infraccións e sancións no ámbito local, así como os límites da contía das sancións económicas.
O texto da Ordenanza se estrutura en tres títulos, 24 artigos, e 2 Disposicións Finais.
En definitiva, coa presente Ordenanza vénse a establecer, no marco da lexislación estatal e autonómica, o réxime xurídico relativo ao deber de manter o dominio público municipal nas debidas condicións de limpeza, establecendo o correspondente réxime restaurador e sancionador para as condutas ou omisións que contraveñan a propia Ordenanza.
TÍTULO PREELIMINAR. - NORMAS XERAIS.
Artigo 1. OBXECTIVOS.
1. Este Ordenanza municipal ten por obxecto regular a limpeza na vía pública no referente ao uso polos cidadáns e establecer as medidas preventivas, correctivas e/ou reparadoras orientadas a evitar a acumulación de sucidade na mesma.
2. A efectos desta Ordenanza considéranse vías públicas e, polo tanto, a súa limpeza é de responsabilidade municipal, os paseos, avenidas, rúas, prazas, beirarrúas, xardíns e zonas verdes, e demais bens de propiedade municipal destinados directamente ao uso común xeneral dos cidadáns.
3. Exceptuaranse, polo seu carácter non público, as urbanizacións privadas ou que non sexan obxecto de recepción, pasaxes, patios interiores, solares, galerías comerciais e similares cuxa limpeza corresponde aos particulares, sexa propiedade única, compartida ou en réxime de propiedade horizontal.
Artigo 2. PRESTACIÓN DO SERVIZO.
O Concello realizará a prestación dos servizos de limpeza da vía pública e a recolleita de residuos procedentes da mesma mediante os procedementos técnicos e as formas de xestión que en cada momento estime conveniente para os intereses da Cidade, baixo os extremos recolleitos nesta normal regulamentaria.

A limpeza de elementos destinados ao servizo do cidadán na vía pública, que non sexan de responsabilidade municipal, corresponderá aos titulares administrativos dos respectivos servizos, do mesmo xeito que os espazos públicos da vila cuxa titularidade corresponda a outros órganos da Administración.
Artigo 4. REPARACION E RESARCIMIENTO DE DANOS.
A Autoridade Municipal poderá esixir en todo momento o cumprimento da presente Ordenanza, obrigando ao causante de calquera deterioro á reparación ou reposición do deteriorado ou, si non for posible, ao resarcimento dos danos causados, sen prexuízo da imposición da sanción que corresponda. Todo Iso de conformidade coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común de as Administracións Públicas, e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público Artigo 5. ACTUACION MUNICIPAL
1.- O Concello poderá realizar subsidiariamente os traballos de limpeza que segundo a presente Ordenanza corresponda efectuar directamente aos cidadáns, imputándolles o custo dos servizos prestados coa pertinente valoración, sen prexuízo das sancións que en cada caso corresponda con audiencia do interesado.
2.- O Concello favorecerá as accións que en materia de limpeza pública colectiva desenvolva a iniciativa dos particulares, fomentando as actuacións encamiñadas a aumentar mellóraa da calidade de vida na Fonsagrada.
TÍTULO II.- DA LIMPEZA DA VÍA PÚBLICA NO CASCO URBÁN DO CONCELLO COMO CONSECUENCIA DO USO
XERAL DOS CIDADÁNS.
Artigo 6. PRESTACION DO SERVIZO.
A limpeza da vía pública e a recolleita dos residuos procedentes da mesma realizaranse polo Servizo Municipal de Limpeza ou a quen resulte concesionario do servizo.
Artigo 7. PROHIBICIÓNS XERAIS.
1.-Queda prohibido tirar e abandonar na vía pública toda clase de produtos que poidan alterar o aspecto de limpeza do termo municipal.
Os residuos sólidos de pequeno tamaño como papeis, envoltorios e similares deberán depositarse nas papeleiras instaladas ao efecto.
2.- Prohíbese depositar petardos, cigarros puros, cabichas de cigarros, brasas, cinzas ou outras materias acesas ou inflamables nas papeleiras e demais contenedores viarios.
3.- Prohíbese igualmente botar ao chan calquera clase de desperdicio desde os vehículos, xa estean parados ou en marcha.

Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2020 04/04/2020
02/04/2020 08:00:00
11:44:32

Artigo 3. LIMPEZA DOS ELEMENTOS DE SERVIZOS NON MUNICIPAIS.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/04/2020

Page count7

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions