Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/04/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 077 venres, 3 de abril de 2020

BOP Lugo
que se acorde a procedencia do reintegro, nos termos que contempla o artigo 37.2 da lei xeral de subvencións e o artigo 34.2 da lei de subvencións de galicia.
3.- FINALIDADE E OBXECTO
O artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece que é competencia propia das deputacións provinciais a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, e que para estes efectos a Deputación aproba anualmente un Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia.
A.- FINALIDADE
Co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020, a Deputación provincial trata de dar resposta ás situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade en que e como gastar mediante a ampliación e flexibilización do seu obxecto, que pasa a ser múltiple, facilitando tamén a planificación da actividade dos respectivos gobernos municipais.
O Pan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020 supón unha continuidade da profunda reformulación levada a cabo no exercicio 2017, no que atinxe aos instrumentos de cooperación cos municipios, na medida en que a mesma pasa a concentrarse, basicamente, nun Plan Provincial Único que se distribúe territorialmente con criterios obxectivos, reducindo drasticamente a discrecionalidade na asignación dos fondos provinciais, perfeccionando as políticas de equidade, obxectividade e transparencia nas accións de cooperación cos concellos, sen prexuízo de escoitar e atender necesidades concretas e finalidades comúns por outros sistemas como os convenios de cooperación.

De conformidade coa Disposición Adicional oitava da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de Subvencións, na redacción vixente, as Subvencións que integran o programa de cooperación económica do Estado aos investimentos das autoridades locais, do mesmo xeito que as subvencións que integran plans ou instrumentos semellantes que teñan por obxecto levar a cabo funcións de apoio e cooperación municipal réxense pola súa normativa específica, resultando da aplicación supletoria as disposicións da devandita lei. Xa que logo resulta de aplicación supletoria a lexislación de subvencións, nomeadamente na xustificación e no seu caso reintegro.
O procedemento de resolución destas axudas é o de réxime de concorrencia.
As axudas destinadas aos programas que non sexa investimentos programa B1 serán compatibles con outras para a mesma finalidade, tendo en conta que o importe da achega en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, supere o custo da finalidade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da LXS.
Para estes efectos, e en conformidade co disposto no artigo 14.1.d da Lei xeral de Subvencións e no artigo 33 do seu Regulamento, unha das obrigas do beneficiario é a de comunicarlle á Deputación a obtención doutras axudas que financien as finalidades incluídas neste Plan.
En aras a unha xestión axil e eficaz, o programa de investimentos financiados a través deste plan, únicamente seran cofinanciados pola Deputación e o Concello, no seu caso, non admitíndose investimentos con cofinanciación doutras entidades, a fin de que o plan non se vexa afectado por obrigas impostas por entidades que cofinancian as actuacións B.- OBXECTO
Para acadar estas finalidades, os concellos poderán solicitar a aplicación dos fondos provinciais asignados aos seguintes programas:
B.1 - PROGRAMA DE INVESTIMENTOS
O concello deberá destinar a achega da Deputación ao financiamento de investimentos de competencia municipal, de acordo cos seguintes criterios:
Cada municipio deberá destinar a investimentos, como mínimo, o 50 por 100 do importe da achega que fai a Deputación Provincial a este plan, ao que deberá engadirse, como mínimo, a aportación obrigatoria que cada Concello debe aportar ao programa de investimentos.
Non obstante, o 60% do mínimo esixido a destinar a investimentos da aportación da Deputación 50% do plan deberá ser destinado ao arranxo, reparación e mellora de vías públicas municipais.
De xeito excepcional, e con motivo da situacion de alarma sanitaria decretada polo RD 463/2020, de 14 de marzo, e posterior modificacion, exceptuase da obriga de destinar o 50% da achega da deputacion a investimentos, a
Anuncio publicado en: Num BOP 77 año 2020 03/04/2020
02/04/2020 08:00:00
18:16:24

Xunto co anterior, preténdese unha racionalización, simplificación e redución dos instrumentos de colaboración cos municipios que se viñan desenvolvendo mediante liñas de subvención ou achegas, de tal maneira que a colaboración financeira da Deputación cos concellos queda concentrada básicamente neste Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/04/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/04/2020

Page count37

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions