Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/02/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 033 mércores, 10 de febreiro de 2021

BOP Lugo
O resume do padrón é o seguinte:
CONCEPTO: Taxa polo abastecemento e saneamento de augas.
PERIODO. 4º trimestre 2020.
NÚMERO DE PÁXINAS: 39
NÚMERO DE RECIBOS: 604
PRIMEIRO SUXETO PASIVO: LÓPEZ NAVAL, HERMINIO
ULTIMO SUXEITO PASIVO: COUSO GONZÁLEZ, JOSÉ
IMPORTE TOTAL: Auga 7.970,70€; IVE: 797,07€; Canon Xunta Cota fixa: 1.255,47€; Canon Xunta Cota Variable:
976,55€, Total importe padrón: 10.999,79€.
Procédese á exposición pública de dito Padrón durante o prazo de quince días a partir da publicación do anuncio de cobro no Boletín Oficial da Provincia, prazo durante o cal dito padrón estará á disposición dos interesados no concello para que poidan examinalo e presentar cantas reclamacións estimen oportunas.
Contra o acto de aprobación do Padrón poderá interporse recurso de reposición ante o Alcalde-Presidente no prazo dun mes a contar dende o seguinte ó da finalización do período de exposición pública do Padrón, de conformidade ó previsto no art. 14.2 do Real DecretoLexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.

R. 0288

PALAS DE REI
Anuncio EDICTO DE NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA
Unha vez aprobados definitivamente por resolución desta Alcaldía nº 2021-0026, ditada o 3 de febreiro de 2021, os padróns e listas cobratorias dos tributos locais Taxa pola prestación do servizo de saneamento e abastecemento de auga, recollida de lixo e canon da auga, referidos ao exercicio de 4º Trimestre do 2020, expóñense ao público no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro municipal de edictos, por un prazo de quice días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, co fin de que aqueles que se consideren interesados poidan formular todas as observacións, alegacións ou reclamacións que teñan por convenientes.
Contra o acto de aprobación dos devanditos padróns e/ou liquidacións contidas neles poderase interpor un recurso previo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública, de acordo co establecido no artigo 14 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo. Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49,7 do Decreto 136/2012
polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas residuais.
Conforme o establecido no artigo 62.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ponse en coñecemento dos contribuíntes que se procederá ao cobramento en período voluntario do imposto do día 1 ao 28
de febreiro. O pagamentos farase efectivo nas entidades financeiras colaboradoras. Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan adebedados nas contas dos seus clientes.
Unha vez transcorrido o prazo de ingreso voluntario sen que se satisfaga a débeda, iniciarase o período executivo, de acordo co teor dos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o que determinará a esixencia dos xuros de mora, así como a das recargas que correspondan e, se é o caso, das custas do procedemento de constrinximento. Polo que respecta ao canon da auga a vía de constrinximento será realizada pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Palas de rei, 4 de febreiro de 2021.- O Alcalde, Pablo José Taboada Camoira.
R. 0289

Anuncio publicado en: Num BOP 33 año 2021 10/02/2021
09/02/2021 08:00:00
09:40:26

Carballedo, 3 de febreiro de 2021.- O Alcalde, Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/02/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data10/02/2021

Conteggio pagine7

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28