Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/02/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VIERNES, 12 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 035

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL
DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
María Belén Fra Pérez solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.72301
As obras solicitadas consisten na canalización de augas pluviais no predio con referencia catastral 27051H001001260000BG, na zona de policía do rego Cabalar; no lugar de Meirengos, na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo Lugo.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Ribadeo ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 5 de febreiro de 2021.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0302

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
SERVIZO DE PATRIMONIO NATURAL
Anuncio A Sociedade de Cazadores Picoto-Pedroso, con CIF G27162585, titular do tecor Picoto-Pedroso LU-10136 solicita a ampliación deste tecor con 48,21 ha de terreos de particulares no paraxe do Pedroso, nas parroquias de Pacios e Illán, no termo municipal de Begonte.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.
Lugo, 5 de febreiro de 2021.- A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco.
R. 0303

CONCELLOS
BURELA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 2 0 2 1 - 0 0 4 7 de data 25/01/ 2 0 2 1 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso que se levará a cabo para a selección de dous/dúas peóns ao abeiro do "Programa Fomento de Emprego" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2020:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/02/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data12/02/2021

Conteggio pagine17

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28