Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/02/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 1 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 025

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AXENCIA GALEGA DE
INFRAESTRUTURAS. SERVIZO PROVINCIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 19 de xaneiro de 2021, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de Ensanche e mellora da LU-114 na contorna do punto quilométrico 1+100 de clave LU/19/160.10, no concello de Lugo.

Con data 5 de novembro de 2020, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción de Ensanche e mellora da LU-114 na contorna do punto quilométrico 1+100 de clave LU/19/160.10.
Con data 26 de novembro de 2020, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de Ensanche e mellora da LU-114 na contorna do punto quilométrico 1+100 de clave LU/19/160.10, no concello de Lugo, polo Decreto 208/2020, publicado no Diario Oficial de Galicia con data do 9 de decembro de 2020.
A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde do 7 de setembro de 2017
sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Lugo, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Concello de Lugo.
Lugar: salón de plenos do concello.
Data: 24 de febreiro de 2021, das 10.00 ás 10.30 horas.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Lugo, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo Edificio Administrativo, Ronda da muralla, nº 70 27071 Lugo, e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería:
https infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C&p_p_lifecy cle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column1&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C_content=%2Fopencms%2FPortalWeb%2FContidos%2FAviso%2Faviso_0201.html Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que
Anuncio publicado en: Num BOP 25 año 2021 01/02/2021
29/01/2021 08:00:00
11:05:03

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/02/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data01/02/2021

Conteggio pagine23

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28