Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 031 luns, 8 de febreiro de 2021

BOP Lugo
Monterroso, 2 de xaneiro de 2021.- A alcaldesa, Rocío Seijas Vázquez.
R. 0271

PALAS DE REI
Anuncio APROBACIÓN INICIAL
Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión celebrada en data 24 de xaneiro de 2021 a modificación da Ordenanza Fiscal número 23 reguladora da Taxa pola prestación do servizo da escola infantil e, en cumprimento do disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e disposicións concordantes, anúnciase a exposición ó publico durante 30 días, ó fin de que os interesados poidan examinala e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Rematado o período de exposición pública a Corporación adoptará os acordos definitivos que procedan resolvendo as reclamacións que se presentasen e aprobando a redacción definitiva da ordenanza e das modificacións a que se refire o acordo provisional. No caso de que non se presentasen reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional sen necesidade de acordo plenario Palas de Rei, 1 de febreiro de 2021.- O alcalde, Pablo José Taboada Camoira.
R. 0272

PARADELA
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL AO ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL
ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020-PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO, MEDIANTE O SISTEMA
DE CONCURSO-OPOSICIÓN.
O Concello de Paradela, aprobou por Resolución da Alcaldía de data 1 de febreiro de 2021, as seguintes bases para a selección de persoal laboral temporal, para 3 postos de peóns obras públicas, no marco do PROGRAMA
FOMENTO DO EMPREGO
BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL 3 PEÓNS OBRAS
PÚBLICAS NO CONCELLO DE PARADELA AO ABEIRO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS
CONCELLOS 2020- PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO.
1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA
1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria, a regulación do procedemento de selección mediante o sistema de concurso-oposición de TRES 3 PEÓNS OBRAS PÚBLICAS, para a contratación de persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento do Emprego de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020.
Esta colaboración materializase a través da achega económica por parte da Deputación Provincial de Lugo dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados.
Os contratos de traballo concertaranse cunha duración determinada de 6 meses, rematando en todo caso o 30 de setembro de 2021 e a xornada completa.
1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020-Programa Fomento do Emprego, e no non previsto nelas, polo establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público; na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública; na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado; Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións aplicables.

Anuncio publicado en: Num BOP 31 año 2021 08/02/2021
05/02/2021 08:00:00
12:29:32

Anuncio

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/02/2021

Conteggio pagine22

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28