Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 163 venres, 17 de xullo de 2020

BOP Lugo
-No caso de que o titular catastral das construcións, instalacións e obras referidos nos se correspondan co titular da explotación que se desenvolva nelas, este deberá achegar ademais da documentación establecida a documentación que acredite a cesión do uso ou aluguer dos referidos inmobles, admitíndose a presentación de declaración xurada do titular do inmoble sobre recoñecemento de vinculación coa actividade do titular da explotación, asinado por ambos.
-No caso de persoas xurídicas, deberán presentar os estatutos de constitución.
-Certificacións acreditativas de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local, nin coa Seguridade Social.
-Documentación acreditativa do recoñecemento da explotación agraria, gandeira ou forestal ou licenza de actividade.
-Certificado actualizado da inscrición da explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
-Declaración responsable do suxeito pasivo conforme a actividade agraria, gandeira ou forestal é a única actividade económica que se desenvolve no inmoble obxecto da bonificación ou ben se no mesmo inmoble existen, ademais das construcións indicadas no paragrafo anterior, outras construcións destinadas a un uso económico distinto.
A bonificación surtirá efectos, desde o período impositivo seguinte a aquel ao da resolución da solicitude.
4.4 Establecese unha bonificación de ata un 75% da cota integra do imposto a favor dos inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego, regulada no artigo 74.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Testo Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego.

Estableceranse os seguintes tramos :
-O 75% pola creación de máis de 5 postos de traballo.
-O 50% pola creación de ata 5 postos de traballo Os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
-DNI/NIF/CIF do solicitante.
-Acreditación da titularidade catastral do inmoble urbano onde se desenvolve a actividade económica .
-Certificación de estar dado de alta no IAE no epígrafe correspondente.
-Certificacións acreditativas de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local, nin coa Seguridade Social.
-Contratos laborais correspondentes aos traballadores/as que xustifiquen a creación de emprego, así como os correspondentes documentos de alta na Seguridade Social.
A bonificación surtirá efectos, desde o período impositivo seguinte a aquel ao da resolución da solicitude.
4.5 Establecese unha bonificación do 50% da cota integra do imposto a favor das vivendas de protección oficial, de conformidade co artigo 73.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Testo Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, durante o prazo de tres anos, contados desde o seguinte ao do outorgamento da cualificación definitiva.
A solicitude desta bonificación realizarase polo interesado en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración da mesma e producirá efectos desde o período impositivo seguinte a aquel ao da resolución da solicitude.
Os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
-DNI/NIF/NIE do solicitante -Certificado da cualificación definitiva como vivenda de protección oficial e a titularidade da vivenda mediante escritura pública, inscrita no Rexistro da Propiedade.
Disposición complementaria Son directamente aplicables as normas contidas nos artigos 60 a77 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Testo Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, que se consideran incorporadas a esta ordenanza.
Disposición final
Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2020 17/07/2020
16/07/2020 08:00:00
12:07:07

Corresponde dita declaración á Xunta de Goberno por delegación do Pleno, e se acordará previa solicitude do suxeito pasivo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/07/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data17/07/2020

Conteggio pagine29

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni