Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 7 DE XULLO DE 2020

N.º 154

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE RÉXIME INTERIOR, PROMOCIÓN DO TERRITORIO E TURISMO
Anuncio Na Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo de data 3 de xullo de 2020, acordouse aprobar e publicar no B.O.P de Lugo as bases reguladoras da convocatoria dos Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Para dar cumprimento a dito acordo, publícase o texto íntegro das mesmas.
BASES DOS PREMIOS LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE E E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA
LUCENSE PARA A ANUALIDADE 2020

No contexto destas accións, a finalidade das presentes bases é a creación de recoñecementos honoríficos na procura dunha posta en valor de actividades e proxectos sobranceiros no eido do turismo e da gastronomía como actividades socioeconómicas e culturais fundamentais para a identidade da provincia.
O Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020 recolle na súa Liña Estratéxica 2 e, concretamente, no marco das actuacións 2.1 e 2.4, a creación dos premios provinciais da gastronomía lucense e dos premios provinciais ás mellores iniciativas turísticas do ano. Con estas accións, a Deputación pretende recoñecer o esforzo dos e das axentes implicados e implicadas no desenvolvemento dun sector estratéxico para a economía e a sociedade da provincia.
Por todo o anteriormente exposto, establécense as seguintes disposicións:
Primeira: Obxecto As presentes bases teñen por obxecto a regulación da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Estes distintivos teñen por misión recoñecer, publicamente a dedicación de distintas empresas, persoas, institucións ou entidades, os méritos polo traballo realizado en prol do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística provincial, a traxectoria profesional e a posta en marcha de actuacións innovadoras e/ou exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía lucense.
Segunda: Natureza Os premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense terán carácter honorífico, sen que a súa concesión supoña a adquisición de dereito económico ningún por parte das entidades ou persoas galardoadas.
O premio consistirá nun diploma acreditativo e nun agasallo de carácter simbólico, que nesta anualidade será unha peza de artesanía tradicional da provincia de Lugo.
Terceira: Periodicidade Os premios obxecto destas bases convocaranse con carácter anual e serán entregados en acto público o 27 de setembro, Día Mundial do Turismo.
Cuarta: Candidaturas Poderán optar aos premios as persoas físicas ou xurídicas, a título individual ou colectivo, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das modalidades establecidas nestas bases e cuxa actuación teña ou tivese unha repercusión positiva no turismo ou na gastronomía a nivel provincial ou nunha zona específica de actuación dentro do territorio lucense.

Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2020 07/07/2020
06/07/2020 08:00:00
12:31:38

A Deputación de Lugo, no marco das competencias conferidas pola normativa aplicable de réxime local e pola normativa sectorial reguladora da actividade turística na Comunidade autónoma galega, desenvolve, entre outras, actuacións que teñen como finalidade a promoción do turismo no ámbito provincial.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/07/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data07/07/2020

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni