Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 20 DE XULLO DE 2020

N.º 165

CONCELLOS
ABADÍN
Anuncio RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.
Asunto:AVOCACIÓN DE COMPETENCIAS DELEGADAS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

Visto o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19; coa finalidade de coadyuvar coas medidas adoptadas polo Goberno de España mediante Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, considerando que a contención da progresión da enfermidade supón limitacións temporais á libre circulación xunto coa reducción da oferta laboral debido ás medidas de cuarentena e contención; circunstancias que se traducen nunha perturbación conxunta de demanda e oferta para a economía española, que afecta ás vendas das empresas, xerando tensións de liquidez que poderían derivar en problemas de solvencia e pérdida de empregos senón se adoptan medidas urxentes de estabilización, tal e como reza na exposición de motivos do citado Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo.
Considerando necesario axilizar a tramitación da aprobación de gastos e ordenación de pagos no ámbito municipal, considérase necesario avocar por esta Alcaldía o exercizo da competencia para o desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento vixente e dispoñer gastos dentro dos límites da súa competencia a que se refire o artigo 21.1, letra f da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Baes do Réxime Local.
Por todo isto, en virtude do disposto nos artigos 10 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e os artículos 43, 44, 45, 114 a 118, 120 e 121 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Avocar as competencias asumidas pola Xunta de Goberno Local, en virtude do disposto na Resolución desta Alcaldía de delegación de competencias Número: 2019-0253 de data: 25/06/201, para o exercizo das seguintes competencias:
En materia de gastos:
1.- Aprobación da autorización e disposición de gastos de competencia da Alcaldía, exceptuando:
- Os gastos derivados de haberes e retribucións nominativas do persoal municipal de toda clase nos que se inclúen as retribucións nominativas dos membros da Corporación.
- Os gastos derivados da cotización á Seguridade Social.
- Os gastos derivados da liquidación trimestral en concepto de IRPF e IVE.
-Os gastos derivados da subministración e servizos periódicos, servizos telefónicos, enerxía eléctrica e similares, que se liquiden de acordo con tarifas oficialmente aprobadas.
-Os gastos derivados de cantidades específicas e nominativamente consignadas no orzamento a favor de persoas, entidades ou servizos determinados.
-Os gastos derivados dos intereses e amortizacións de préstamos, así como os contratos de trasporte a portes debidos.
-os gastos derivados das anualidades ou mensualidades correspondentes a contratos de xestión de servizos públicos, contratos de servizos, e subministracións menores de material de oficina, publicacións, anuncios e outro material non inventariable.
-tódolos demais gastos de tracto sucesivo.

Anuncio publicado en: Num BOP 165 año 2020 20/07/2020
17/07/2020 08:00:00
10:03:44

Visto que mediante Resolución Número 2019-0253 de data 25/06/201 esta Alcaldía delegou na Xunta de Goberno Local o exercizo de atribuciones de aquela; entre outras, en materia de gastos e ingresos.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data20/07/2020

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni