Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 9 DE XULLO DE 2020

N.º 156

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE
Anuncio Aprobado definitivamente a rectificación e complemento do Regulamento das hortas urbanas ecolóxicas no parque do Río Rato e de Paradai da Excma. Deputación Provincial de Lugo; de conformidade co disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, faise público o texto íntegro do mesmo no seguinte sentido:
REGULAMENTO DAS HORTAS URBANAS ECOLÓXICAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
I. Obxecto.
1.- O obxecto deste regulamento é poder aportar unha normativa sobre o uso e as autorizacións das hortas xestionadas pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, e concretamente polo Servizo de Medio Ambiente, exclusivamente para o seu uso agrario e destinado ao autoconsumo.

2.- Proporcionar ás persoas, colectivos e colexios, espazos libres e alternativos que lles permitan realizar actividades físicas e mentais en contacto coa natureza, mellorando a súa calidade de vida e fomentando una alimentación e hábitos de vida saudable, así como dar coñecementos aos usuarios sobre boas prácticas agrícolas.
3.- Ofrecer un espazo de lecer e actividade para todos aqueles veciños da cidade de Lugo e arredores que resulten beneficiarios deste servizo.
4.- Fomentar a participación cidadá e o desenvolvemento sostible xerando espazos de biodiversidade.
5.- Promover boas prácticas agrarias, como a agricultura ecolóxica, onde se contempla o aproveitamento dos residuos orgánicos, aforro da auga, manexos tradicionais, uso de variedades locais
6.- Promover unha alimentación e hábitos de vida máis saudables.
7.- Impulsar un maior coñecemento e respecto polo medio ambiente.
8.- Promover a horticultura didáctica de cara á comunidade educativa.
III. Réxime xurídico.
9.- Baixo a denominación dos Hortos Urbanos do río Rato e Hortos Urbanos de Paradai, se atopan as seguintes fincas coas seguintes referencias catastrais:
Finca
Lugar
Referencia catastral
1

Parque do río Rato
27900A531000340000WE

2

Parque do río Rato
27900A531000330000WJ

3

Parque do río Rato
27900A531000350000WS

4

Parque de Paradai
27900A085000730000EE

A utilización destes ben de dominio público rexerase pola lexislación especial en materia de medio ambiente e pola lexislación patrimonial contida principalmente nos artigos 75,76 e 77 do RD 1372/86 que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais e o recollido nos artigos 84 e seguintes da Lei 33/2033, do 3 de novembro, de Patrimonio das Administracións Públicas, polo que aprobase o Regulamento de Bens das Entidades Locais, a utilización das hortas urbanas debe cualificarase como uso común especial de bens de dominio público, e suxeitarase á preceptiva autorización administrativa adxudicada en réxime de concorrencia.

Anuncio publicado en: Num BOP 156 año 2020 09/07/2020
08/07/2020 08:00:00
11:28:27

II. Obxectivos.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/07/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data09/07/2020

Conteggio pagine34

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni