Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

52

Núm. 150 xoves, 2 de xullo de 2020

BOP Lugo
Artigo 5. Actuacións subvencionables 1. Adquirirán a condición de gastos subvencionables aqueles que de maneira inequívoca respondan á natureza da actividade subvencionada, sexan estritamente necesarios e se realicen no prazo establecido, tal e como establece o artigo 31 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o artigo 29 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
2. A subvención á que poderán acceder as empresas solicitantes da Medida 8.2.4.2 GENTE JOVEN EN EL RURAL
consistirá nunha axuda económica equivalente ao 50 % do SMI para o ano 2020 sempre e cando o traballador contratado se manteña ata o sexto mes e durante un máximo de 12 meses.
As persoas físicas ou xurídicas beneficiarias deberán asinar co/a mozo traballador/a un contrato indefinido. Para todos os efectos este contrato rexerase pola lexislación laboral vixente, sen xerar ningunha vinculación de carácter laboral o contractual coa Deputación Provincial de Lugo.
3. A subvención á que poderán acceder os solicitantes da Medida 8.2.3.32TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL e da Medida 8.2.3.4 TU EMPLEO EN EL RURAL consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75 % do SMI para o ano 2020 sempre e cando a alta no réxime elixido traballador autónomo ou por establecerse como socio traballador en empresas de economía social se manteña 6 meses e durante un máximo de 12 meses .
Quinto: Forma e prazos de presentación da solicitude.
Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse de forma telemática a través da sede electrónica: http sede.deputacionlugo.org ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

LUGO, 26 de xuño de 2020.- O Presidente da Deputación, José Tomé Roca.
R. 1364

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 150 año 2020 02/07/2020
01/07/2020 08:00:00
12:52:28

O prazo de presentación de solicitudes será de 2 meses contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación na Base de Datos Nacional de Subvencións ou ata o fin do crédito dispoñible.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/07/2020

Conteggio pagine52

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni