Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/06/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 140 venres, 19 de xuño de 2020

BOP Lugo
MONTERROSO
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 08/06/20, aprobáronse os Padróns Tributarios das taxas pola prestación do servizo de augas, sumidoiro e depuración, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondentes ao 2º trimestre do exercicio 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario desde o día 1 de xullo de 2020 ao 17 de agosto de 2020.
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a éste, poderase formular recurso de reposición ante este órgano, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Monterroso, 8 de xuño de 2020.- O Alcalde, Antonio Edelmiro Gato Soengas.

MURAS
Anuncio BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO
PARA O PROGRAMA DENOMINADO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL 2020
1º.- Obxecto da convocatoria.
É obxecto da convocatoria, a selección de persoal para contratación laboral por obras e servizos, en base os criterios de publicidade de convocatoria, mérito e capacidade dos candidatos de conformidade co establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, Real Decreto Lexislativo 781/1986, texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións de aplicación.
En canto a regulación das condicións do contrato estarase ó disposto no Real decreto Lexislativo 2/2015, de 23
de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos Traballadores.
2º.- Características do contrato.
A finalidade da contratación deste persoal e a realización de traballos de coordinación documental relacionada ca subvención do Fondo de Compensación Ambiental 2020.
As carácterísticas da praza son as seguintes:
Grupo: C, Subgrupo C2
Escala: Administración Xeral Subescala: Auxiliar Número de prazas: unha Titulación: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
A duración do contrato será ata o 28 de outubro de 2020.
O tipo de contrato será por obra ou servizo determinado e as retribucións a percibir son as seguintes: 1.220,00
euros/brutos/mensuais.

Anuncio publicado en: Num BOP 140 año 2020 19/06/2020
17/06/2020 08:00:00
14:46:12

R. 1133

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/06/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data19/06/2020

Conteggio pagine48

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni