Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 30 DE XUÑO DE 2020

N.º 148

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICO E SOCIAL. SECCIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E
EMPREGO
Anuncio

MEDIDA 8.2.3.3 TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL AXUDAS AO AUTOEMPREGO,

MEDIDA 8.2.3.4 TU EMPLEO EN EL RURAL MEDIDAS PARA FAVORECER O AUTOEMPREGO
EMPRENDEMENTO COLECTIVO NO MARCO DA ECONOMÍA SOCIAL.

MEDIDA 8.2.4.2 GENTE JOVEN EN EL RURAL AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA A
EMPRESAS LOCALIZADAS NALGÚN DOS CONCELLOS CONTIDOS NO ANEXO I. PROMOCIÓN DA CULTURA
EMPRENDEDORA. PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL.

E O

INTRODUCIÓN
O cambio demográfico é un dos grandes retos aos que se enfrontan as administracións públicas pois afecta ao seu equilibrio económico, social, cultural, territorial, ambiental A Deputación de Lugo lanza un novo programa, co fin de dinamizar as zonas rurais dos concellos de menos de 5000 habitantes, e así combater o reto demográfico e despoboamento nas zonas rurais. Para iso propón captar o talento dos mozos e mozas da nosa contorna e incentivar o emprendemento, completar a súa formación en sectores de alta demanda así como fomentar a contratación por parte do tecido empresarial das zonas rurais, fomentando así a empregabilidade dos mozos, colectivo con alta dificultade para atopar emprego de calidade conseguindo así un dobre obxectivo, axudar a mellorar as condicións demográficas e fortalecer as capacidades emprendedoras de zonas con despoboación ou alto envellecemento.
Este proxecto é unha aposta por un cambio no que vivir e traballar no rural é posible, podendo converterse nestes momentos nunha oportunidade para os mozos da provincia e que non precisen emigrar a outra comarca ou país, aproveitando as vantaxes dun mundo globalizado onde todo está ao alcance dun CLICK, ademais estase a producir unha gran transformación no mercado de traballo, desaparición de postos, robotización, novos perfiles e cualificacións moito mais acentuado e rápido pola situación excepcional causada pola pandemia do COVID 19 todo isto provoca unha serie de cambios sociais e culturais, que con leva a un proceso de unificación dos modos de vida, así como das pautas de desenvolvemento da vida cotiá que levan a valorar outros aspectos que xeren calidade de vida tales como as xornadas continuas, teletraballo, redes sociais sen fronteiras, protección do medio ambiente, sen perder a competitividade, a apertura da mente e a evolución pero dende a sustentabilidade.
Sen esquecer que a mocidade é un tesouro que debemos coidar e que por diversas razóns, tales como a crise económica, mercados non flexibles, precariedade laboral, cultura de medo dos empresarios o compromiso que xera a contratación indefinida fronte a as súas vantaxes, as novas xeracións estalles custando arrincar, aínda que os mozos da nosa provincia están formados, teñen ambición, saben idiomas, valoran a súa terra e cultura
Como administración pública debemos ofrecer ferramentas que faciliten a seu afincamento e crecemento profesional no territorio e convértanse en panca de cambio desterrando a necesidade de saír fóra da zona rural para triunfar ou ter éxito na vida, de aí nace a Medida 8.2.4.2 Xente nova no Rural.
Este programa encádrase dentro da convocatoria efectuada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública a través do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais para o financiamento de proxectos de emprego, autoemprego, e
Anuncio publicado en: Num BOP 148 año 2020 30/06/2020
29/06/2020 08:00:00
13:04:12

CONVOCATORIA E BASES :

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/06/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data30/06/2020

Conteggio pagine32

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni