Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 8 DE XUÑO DE 2020

N.º 130

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Lucía Fanego Candia solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.68199.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello do Valadouro ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 01 de xuño de 2020.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 1021

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio En sesión plenaria de data 28 de maio de 2020 aprobouse inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora sobre o imposto de Bens Inmobles do Concello de Baralla.
De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, sométese a información pública e audiencia dos interesados polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletin Oficial da Provincia de Lugo aos efectos de reclamacións e suxerencias.
No caso de non presentarse ningunha, entenderase definitivamente aprobada a ordenanza citada, que entrará en vigor unha vez publicado o texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, conforme ao disposto no artigo 70 da Lei 7/1985 de 2 de abril.
Baralla, a 1 de xuño de 2020.- O ALCALDE, Miguel González Piñeiro.
R. 1022

Anuncio No pleno do concello de Baralla, en sesión ordinaria de data 28 de maio de 2020, aprobáronse as Bases reguladoras das axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Baralla, para paliar os efectos do Covid-19, procedendo á su convocatoria.
BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA O IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA NO TERMO MUNICIPAL
DE BARALLA, PARA PALIAR OS EFECTOS DO COVID-19

Anuncio publicado en: Num BOP 130 año 2020 08/06/2020
05/06/2020 08:00:00
11:23:14

As obras solicitadas consisten no peche parcial da finca con referencia catastral 6237002PJ2263N0001FO, na zona de policía do rego de Ferreira, no lugar do Pazo, no concello do Valadouro Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/06/2020

Conteggio pagine26

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni