Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

20

Núm. 262 venres, 15 de novembro de 2019

BOP Lugo
centros de ensinanza sostidos con fondos públicos, mediante o uso prioritario do transporte público, nalgunha das seguintes modalidades, e sempre dentro da comarca de A Mariña: Bacharelato, Ciclo de formación profesional básica ,ciclo medio de formación profesional e Ciclo superior de formación profesional, todos eles nas modalidades de Réxime ordinario, Réxime das persoas adultas modalidade presencial oferta modular e Formación profesional dual.
A finalidade é favorecer a escolarización non obrigatoria nos niveis de bacharelato e ciclos de formación profesional, así como o uso do transporte público.
A tales efectos os estudantes deben estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos da Comarca de A Mariña, integrada por:-Comarca de A Mariña Oriental: Barreiros, Ribadeo, Trabada e A Pontenova.-Comarca de A Mariña Central: Burela, Valadouro, Alfoz, Foz , Lourenzá e Mondoñedo.-Comarca de A Mariña Occidental: O
Vicedo, Xove, Viveiro, Cervo e Ourol.
c Réxime de convocatoria: Concorrencia competitiva.
d Beneficiarios e requisitos:
As axudas poderán ser solicitadas polas familias das/os alumnas/os, e concreto polo menos un dos proxenitores naturais e por adopción dos menores titulares do Libro de Familia, os seus titores legais, ou polas/os propias/os alumnas/os se son maiores de idade, cando se reúnan os seguintes requisitos:
a.-Toda a unidade familiar, engadido o alumno, deberá cumprir o requisito de estar empadroada/o e ter residencia efectiva no Concello de O Valadouro, salvo no suposto de independencia do solicitante, que se considerará tal se no momento da solicitude ten contrato de traballo en vigor, e en cuxo caso se requirirá o empadroamento e residencia efectiva persoal.

c.-O estudante non pode ter cumpridos os 30 anos , tanto no momento da convocatoria como dentro do ano natural no que se publique a mesma.
d.-Non ser o solicitante nin o beneficiario debedor/a a Facenda Municipal, Autonómica ou Estatal así como a Seguridade Social.
e.-Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de O Valadouro.
f.-Non poderán optar a estas subvencións as persoas e entidades ás que se refiren os artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003 de17 de novembro, Xeral de Subvencións e o artigo 10 da lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.
g.-Utilizar o transporte público nos desprazamentos totais ou parciais dende o seu domicilio ao centro de estudos, salvo declaración xurada de incompatibilidade de horario lectivo con horario do transporte público.
e Documentación a presentar:
a.-Impreso de solicitude Anexo I e declaración xurada Anexo II.
b.-Fotocopia do D.N.I. ou N.I.F. do solicitante en caso de alumnos/as menores de idade e do alumno/a.
c.-Fotocopia do Libro de Familia.
d.-Certificado de empadroamento e convivencia.
e.-Certificado ou acreditación de estar matriculado nos estudos para os que se solicita a axuda.
f.-Certificación de titularidade da conta bancaria onde efectuar o ingreso. No caso de alumnos/as maiores de idade, deberán ser titulares da conta bancaria.
g.-Declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade, no modelo normalizado.
h.-Declaración acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigase condicións necesarias para a obtención da axuda, no modelo normalizado. Anexo III onde conste que non anulará matrícula, que destinará a contía económica aos fins establecidos durante o curso académico correspondente.
f Unidade tramitadora: Concelleira delegada de Servizos Sociais, Educación, Deportes, Muller, Familia e Conciliación.
Órgano competente resolución: Alcaldía gPrazo de presentación de solicitudes: 15 DIAS HÁBILES contados a partir do día seguinte da publicación da presente no BOP e na BDNS.
h Prazo de resolución e notificación: 6 meses.
i Admítese a reformulación de solicitudes.

Anuncio publicado en: Num BOP 262 año 2019 15/11/2019
14/11/2019 08:00:00
13:07:38

b.-Encontrarse matriculado, durante o curso académico que se inicie na anualidade da convocatoria, nalgún dos estudos indicados na base primeira impartidos en centro educativo sostido con fondos públicos da Comarca de A Mariña.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data15/11/2019

Conteggio pagine21

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni