Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 23 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º 269

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Alfonso Ramos Alvarez DNI 76570625 Z, solicita a segregación do tecor San Xoán de Becerreá LU-10016 de diversas leiras da propiedade de Francisco Ramos Alvarez, Emilio Ramos Alvarez, Manuel Ramos Alvarez e Alfonso Ramos Alvarez, no termo municipal de Becerreá, que totalizan 120,27 hectáreas de terreo.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.
Lugo, 15 de outubro de 2019.- A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco.

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVICIO DE AUDIOVISUAIS
Anuncio O Pleno da Excma. Deputación de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o 29 de outubro de 2019 aprobou definitivamente o Regulamento de funcionamento do servizo de audiovisuais da Deputación de Lugo cuxo texto íntegro e o seguinte.
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE AUDIOVISUAIS.
CAPÍTULO I
DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.- Obxecto.
O presente regulamento ten por obxecto regular o funcionamento do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Artigo 2.- Fins da actividade do servizo.
O Servizo de Audiovisuais é un servizo impulsado pola Deputación de Lugo co obxectivo de desenvolver iniciativas que poñan en valor a provincia de Lugo, o patrimonio material e inmaterial da mesma e promover e levar a cabo actividades dirixidas ao fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento do audiovisual.
Artigo 3.- Organización.
O servizo estrutúrase nas seguintes áreas funcionais:
a Centro de Formación de Audiovisuais b Centro de Produción de Audiovisuais 1.- O Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo está dirixido pola xefatura do servizo, as unidades administrativas, que se determinan na relación de postos de traballo, así como o persoal que preste os seus servizos nos centro anteriormente descritos.
2.- O servizo depende organicamente da Área de Presidencia.
3.- O persoal depende orgánica e funcionalmente da xefatura servizo.

Anuncio publicado en: Num BOP 269 año 2019 23/11/2019
22/11/2019 08:00:00
12:56:36

R. 3505

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/11/2019

Conteggio pagine17

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni