Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/11/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 11 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º 258

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Justa Cayón Rouco solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.64886.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 04 de novembro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 3336

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 18 de outubro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro. expediente IN407A 2019-23AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasparcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.
- Denominación: REFORMA DE LA LMT CENTRALES DERIVACIÓN A CT 9908 LANDROVE PUENTE
- Situación: concello de Viveiro - Características técnicas:

Instalación ao carón do CT Landrove Puente 9908 dun apoio metálico tipo CH-2500E17 con función final de liña, no cal se realiza un paso aéreo a soterrado para alimentar a dito CT.
Alimentación ao CT Landrove Puente 9908 con orixe no paso aéreo a soterrado e final no propio CT, cunha lonxitude de 10 metros en conductor RHZ1-150 grapado sobre fachada.

Liña soterrada de media tensión Centrales a 20kV con orixe nun apoio A-98563 da LMT Aérea Centrales derivación a CT 8495 Val do Naseiro e final no apoio 2A9582 da LMT Aérea Centrales derivación a CT 2011
Valdemirós, cunha lonxitude de 570 metros en conductor tipo RHZ1-240.

Desmontaxe dun apoio metálico e de 210 metros de conductor tipo LA-30.

Anuncio publicado en: Num BOP 258 año 2019 11/11/2019
08/11/2019 08:00:00
13:03:49

As obras solicitadas consisten no acondicionamento dos predios situados nas parcelas 974, 977 e 978 do polígono 4 da concentración parcelaria do Val de Alfoz; na zona de policía do rego da Azoreira e dun rego innominado; no lugar do Machuco, na parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/11/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data11/11/2019

Conteggio pagine26

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni