Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/11/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 28 DE NOVEMBRO DE 2019

N.º 273

CONCELLOS
A FONSAGRADA
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 20.11.2019, aprobouse o padrón fiscal correspondente ao mes de outubro de 2019 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 10.358,11 € e Programa Básico de Axuda no Fogar por un importe de 745,20€.

Recursos: Durante o período de exposición pública os interesados poderán examinalo e formular, contra o acto que se notifique perante a Xunta de Goberno Local, o recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, no PRAZO DUN MES contado dende o día seguinte ao de finalización do devandito período de exposición pública do Padrón Fiscal. Contra a resolución recaída no recurso administrativo, no PRAZO DE DOUS MESES contados dende o día seguinte ao da notificación da devandita resolución. De non recaer resolución no PRAZO DUN MES a contar dende o día seguinte ao da presentación do desestimado, con efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Nembargantes, se se considera conveniente, poderán utilizar e exercitar calquera outro recurso que estimen pertinente.
Carga de recibos domiciliados: Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan endebedados nas contas dos seus clientes.
O que se anuncia e se fai público para xeral coñecemento do presente ANUNCIO que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación e 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
A Fonsagrada, 20 de novembro de 2019.- O alcalde, Carlos López López.
R. 3553

GUITIRIZ
Anuncio APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO REGULAMENTO DO PUNTO DE ATENCION A
INFANCIA DO CONCELLO DE GUITIRIZ. Expte. 219/2017
Sendo aprobado inicialmente a modificación puntual do artigo 9 do Regulamento do punto de atención á infancia PAI vixente do Concello de Guitiriz por acordo adoptado na sesión plenaria ordinaria de data 26/09/2019, e transcorrido o prazo de 30 de días de exposición pública BOP nº137 de 7/10/2019 sen presentarse alegacións contra este, elévase a definitiva a aprobación inicial e publícase integramente a modificación puntual realizada en cumprimento do preceptuado no art. 70.2 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, entrando en vigor unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril.
Contra esta disposición administrativa de carácter xeral non caberá recurso en vía administrativa, de acordo co artigo 112.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións publicas, se ben se poderá impugnar directamente diante da xurisdición contencioso-administrativa. De conformidade co establecido no artigo 46 en relación co 10.1.b, ambos os dous da Lei 29/1998, do 23 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra o presente acordo de aprobación do regulamento, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste
Anuncio publicado en: Num BOP 273 año 2019 28/11/2019
27/11/2019 08:00:00
12:27:30

Exposición: O Padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 15 días, a contar dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/11/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data28/11/2019

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni