Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/09/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES,27 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 223

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de 30 de agosto de 2019, apróbase a Convocatoria e as Bases Específicas para a selección de persoal temporal dun/dunha Auxiliar de axuda no fogar e creación dunha listaxe de emprego temporal PROGRAMA: FOMENTO DE EMPREGO 2019
CONVOCATORIA
O obxecto desta convocatoria é proceder á provisión, con carácter provisional, do seguinte emprego no Concello de Alfoz.
Denominación e características obxecto da convocatoria do emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar:
Nº empregos: 1.

Réxime Xurídico: Contratación de persoal laboral temporal.
Categoría profesional: Auxiliar de axuda no fogar.
Duración vínculo de servizo: 11 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 30/09/2020.
Duración xornada: Media xornada 50%
Listaxe de emprego temporal para a praza de Auxiliar de Axuda no Fogar Modalidade da listaxe: Específica O extracto da convocatoria e as bases específicas publicarase no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web www.concellodealfoz.com.
Prazo de presentación: Será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP.
Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DUN EMPREGO: AUXILIAR
DE AXUDA NO FOGAR, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSOOPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE ALFOZ PROGRAMA: FOMENTO DE EMPREGO
2019 E CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL.
1. OBXECTO.
Constitúe o obxecto das presentes bases específicas, que complementan as bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal para prestar servizos no concello de Alfoz publicadas no BOP de Lugo de data 23 de novembro de 2017, a regulación do procedemento de selección mediante sistema de concursooposición do posto de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR a xornada parcial 50% para reforzo do Servicio de SAF, ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego 2019 de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019, publicado no BOP de Lugo de data 2 de marzo de 2019.
2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:
- DENOMINACIÓN: AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
- CATEGORÍA PROFESIONAL: Auxiliar de axuda no fogar.
- RÉXIME XURÍDICO: CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
- DURACIÓN DO VÍNCULO DE SERVIZO: 11 meses desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 30/09/2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 223 año 2019 27/09/2019
26/09/2019 08:00:00
09:04:23

Denominación: Auxiliar de Axuda no Fogar Programa Fomento de Emprego 2019

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/09/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data27/09/2019

Conteggio pagine39

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930