Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 13 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 211

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Alberto M. Morandeira López DNI 32.778.891-G, solicita a segregación do tecor Alto da Mámoa LU-10267 de dúas leiras da súa propiedade, 27020A175002490000YQ y 27020A192000300000YF nas proximidades de S.
Mamede de Nodar, termo municipal de Friol, que totalizan 2,4075 hectáreas de terreo.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.
A xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Margarita López Blanco.

CONCELLOS
ABADÍN
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA:
De conformidade co previsto no artigo 75.5 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, publícanse os seguintes acordos do Pleno deste Concello, adoptados na sesión celebrada o día 28
de xuño de 2019:
I. PUBLÍCANSE DE SEGUIDO, OS SEGUINTES ACORDOS ADOPTADOS POLO PLENO DO CONCELLO, na sesión celebrada o pasado día 28 de xuño de 2019:
1.- PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO:
Primeiro.- Sinalar como data de celebración dos Plenos ordinarios, o ÚLTIMO VENRES dos meses de XANEIRO, MARZO, MAIO, XULLO, SETEMBRO, e NOVEMBRO, ás DEZASEIS HORAS E TRINTA MINUTOS 16:30 horas.
Segundo.- No caso de que a data de celebración da correspondente sesión ordinaria coincida en día festivo, celebrarase sesión o día hábil anterior..2.- CREACIÓN E COMPOSICIÓN DA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS.
ÚNICO. Crear a referida COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS, que de acordo coa lexislación citada, ten carácter obrigatorio, e á que se adscribirán os seguintes membros:
PRESIDENTE Titular: D. José María López Rancaño, Alcalde-Presidente deste Concello.
VOGAIS:
Dona Judit Anido Vigo P.P 3.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS:
PRIMEIRO.- Nomear como representante deste Concello no Consello Escolar do C.E.I.P. Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín, a DONA EDITA CASTIÑEIRA CURRÁS.
SEGUNDO.- Nomear como vogais representantes deste Concello na Xunta Plenaria da Mancomunidade de Municipios Da Terra Cha, a esta ALCALDÍA Jose María López Rancaño e a DON GERMÁN RAMIL SOUTO.
TERCEIRO.- Nomear como representante deste Concello na Asociación de desenvolvemento Comarcal da comarca da Terra Cha GDR Vilalba, a esta ALCALDÍA José María López Rancaño..-

Anuncio publicado en: Num BOP 211 año 2019 13/09/2019
12/09/2019 08:00:00
12:38:26

R. 2734

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/09/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data13/09/2019

Conteggio pagine29

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930