Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 26 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 222

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 13 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Ourol, situado no concello de Ourol Lugo, e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U expediente LU-11/145-EOL.
Examinada a solicitude de Greenalia Wind Power Ourol, S.L.U en adiante a promotora sobre a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto modificado do parque eólico Ourol, constan os seguintes:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia DOG nº 248, do 28 de decembro, admitiuse a trámite o parque eólico promovido por Enebro Ourol, S.L.U., cunha potencia de 24 MW.
Segundo. O 28.06.2011, Enebro Ourol, S.L.U. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.
Terceiro. Por Resolución do 11 de xuño de 2012, da xefatura territorial, sometéronse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico.
A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11.07.2012 e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no xornal La Voz de Galicia, ambos do 25.06.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios da xefatura territorial e do concello afectado Ourol.
Cuarto. Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 2014 autorizáronse as instalacións, aprobouse o proxecto de execución e declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Ourol, emprazado no concello de Ourol Lugo e promovido pola sociedade Enebro Ourol, SLU cunha potencia total de 24
MW, o cal se fixo público por Resolución do 31 de outubro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas DOG
nº 90, do 11.05.2018.
Quinto. Con data 24.04.2018 autorizouse pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas a transmisión de titularidade do parque eólico Ourol a favor de Greenalia Wind Power Ourol S.L.U.
Sexto. Con data 04.05.2018 Greenalia Wind Power Ourol S.L.U. solicitou unha modificación non substancial, aprobación do proxecto sectorial, declaración de especial interese e modificación da declaración de utilidade pública do parque eólico.
Sétimo. O 07.06.2018, o Consello da Xunta declarou de interese especial o parque eólico referido, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.
Oitavo. Con data 27.11.2018, a promotora presentou unha nova modificación do proxecto do parque eólico, consistente no cambio de modelo de aeroxerador marca Lagerwey Enercon L 136 de 4,5 MW de potencia unitaria reducíndose o número de aeroxeradores de oito a cinco polo que a potencia total instalada diminúe desde os 24MW autorizados ata os 22,5 MW, solicitando un novo recoñecemento como non substancial, achegando o 30.11.2018 a correspondente documentación técnica.
Noveno. Mediante Resolución do 28 de Febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, se recoñeceu como non substancial a modificación do parque eólico Ourol, emprazado no Concello de Ourol Lugo, e recollida no apartado anterior.

Anuncio publicado en: Num BOP 222 año 2019 26/09/2019
25/09/2019 08:00:00
13:57:39

ANTECEDENTES DE FEITO

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/09/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data26/09/2019

Conteggio pagine10

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930