Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 3 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 202

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do Convenio Colectivo Provincial do Comercio do Metal de Lugo Código 27000185011982, asinado o día 6 de agosto de 2019, pola representación empresarial e das centrais sindicais U.G.T. 60,00%, CC.OO. 36,67% e C.I.G. 3,33%, como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

Lugo, 23 de agosto de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López TEXTO ARTICULADO DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DO COMERCIO DO METAL DE LUGO
CAPÍTULO I
EXTENSIÓN E ÁMBITO DO CONVENIO
Artigo 1.- ARTIGO PREELIMINAR
O presente Convenio ten como obxecto establecer certos criterios particulares, non recollidos na Lexislación Laboral, para as melloras das relacións laborais das empresas por el afectadas.
Artigo 2.- ÁMBITO FUNCIONAL E PERSOAL
No seu aspecto territorial, funcional e persoal, o presente Convenio Colectivo afectará a tódalas empresas e aos cadros de persoal de traballadores/as a elas pertencentes, ubicadas na provincia de Lugo que figuren encadradas, polo que a súa actividade se refire, no sector do metal e que estean adicadas á actividade de comercio de toda clase,esto é, ofertar a venda de artigos ben sexa ao destinatario final venda ao detalle ou para su posterior venda comercio ao por maior tanto en nome propio como de terceiros e que non estean afectadas por un ciclo de producción, ainda que o produto poida sufrir un acondicionamento previo.
Exceptuaránse aquelas empresas que no día da data teñan aprobado Convenio Colectivo de empresa ou estean pendentes da súa aprobación.
Artigo 3.- ÁMBITO TEMPORAL
A vixencia do presente Convenio estenderase dende o 1 de xaneiro de 2018 ao 31 de decembro de 2021, con independencia da data de publicación do mesmo no Boletín Oficial da Provincia, retrotraéndose os seus efectos ao 1 de xaneiro de 2013 conforme ao disposto no presente texto.
Artigo 4.- DENUNCIA E PRÓRROGA
Quedará automaticamente denunciado o Convenio con tres meses de antelación ao seu vencemento, prorrogándose o actual Convenio ata a entrada en vigor do seguinte.
Artigo 5.- CONDICIÓNS MAIS BENEFICIOSAS
Tódalas melloras contidas no presente Convenio, establécense con carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas respetaranse as situacións que impliquen para o traballador/a condicións máis beneficiosas que as aquí dictadas, manténdose os "ad personam" en canto excedan o cómputo anual.

Anuncio publicado en: Num BOP 202 año 2019 03/09/2019
02/09/2019 08:00:00
13:02:05

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data03/09/2019

Conteggio pagine37

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930