Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 119 luns, 27 de maio de 2019

BOP Lugo
PEDRAFITA DO CEBREIRO
Anuncio APROBACIÓN PADRÓN DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO DO
MES DE ABRIL 2019.
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 9 de maio de 2019 prestouse aprobación ao Padrón do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda a domicilio correspondente ao mes de abril de 2019, de acordo co seguinte:
Padrón correspondente ao mes de abril : 3617,47 €
Expóñense ao público por prazo de quince días hábiles, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalos e interpoñer contra este as reclamacións que consideren oportunas.
Iniciase asemade o procedemento de recadación, e ao efecto determínase que o período de pagamento en voluntaria é o comprendido entre o 01 de xuño de 2019 e o 01 de setembro de 2019.
Ao día seguinte do vencemento do prazo de ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións que se deriven do presente padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contenciosoadministrativo, no prazo de un mes a contar desde a finalización do período de exposición ao público de conformidade co establecido no artigo 14.2.c do real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contencioso administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora deste Xurisdición.

R. 1441

RÁBADE
Anuncio Por resolución da Alcaldía-presidencia do Concello de Rábade de data 9 de maio de 2019 prestouse aprobación ao Padrón da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de abril de 2019, o cal se expón ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Rábade, 9 de maio de 2019.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 1442

O SAVIÑAO
Anuncio BASES PARA A SELECCIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA O
CONCELLO DE O SAVIÑAO.
PRIMEIRA. - OBXECTO, MODALIDADE DE COBERTURA, SISTEMA DE
CONVOCATORIA.

SELECCIÓN E

PUBLICIDADE DA

O obxecto das presentes bases é a selección de unha praza de traballador/a social GRUPO A SUBGRUPO A2, COMPLEMENTO DE DESTINO NIVEL 16 ao 50% da xornada cun salario bruto anual de 9.678,60 euros pagas extras excluídas A modalidade de cobertura será a de funcionario/a interino/a acollido a un programa de carácter temporal Co financiamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal regulada no Decreto 99/2012, do 16
de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento modalidade prevista no artigo 23.c da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia.
O procedemento selectivo de acordo co establecido no artigo 10.2 do TREBEP e 24 da Lei 2/2015 realizarase mediante procedementos áxiles que respectarán, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e libre concorrencia.

Anuncio publicado en: Num BOP 119 año 2019 24/05/2019 11:58:33
27/05/2019 08:00:00

Pedrafita do Cebreiro, 13 de maio de 2019.- O Alcalde, José Luis Raposo Magdalena.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/05/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data27/05/2019

Conteggio pagine8

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni