Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/05/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 21 DE MAIO DE 2019

N.º 114

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 2 de abril de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede autorización administrativa previa e de construción para unha instalación eléctrica no concello de Burela. nº expte.
IN407A 4-2019-AT
Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándaras-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.

- Situación: concello de Burela - Características Técnicas:

LMT soterrada con orixe nun empalme realizado nunha arqueta existente ubicada diante do CT Castelao 26, entra e sae no CT Solvia proxectado e remata nunha cela existente do CT Castelao, cunha lonxitude de 250
metros en conductor RHZ1-240.

CT non prefabricado Solvia, cunha potencia máxima admisible de 630 KVA e unha potencia instalada de 400KVA, relación de transformación 20.000/400-230V.

Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do CT Solvia e final nas CXPs do edificio a electrificar, formada por dous circuitos cunha lonxitude de 10 metros en conductor tipo RV-150 e RV-240.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e as competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28
de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito
Anuncio publicado en: Num BOP 114 año 2019 20/05/2019 14:20:30
21/05/2019 08:00:00

- Denominación: LMTS Burela 2, novo CT Solvia e RBTS para dar subministración a edificio en R/ Beiramar

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/05/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data21/05/2019

Conteggio pagine10

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni