Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/05/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 7 DE MAIO DE 2019

N.º 103

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 13 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL para subministración a Sarria Lugo, promovido por Nedgia Galicia, S.A. expediente IN627A 2018/57-0.
Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Nedgia Galicia, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela A
Coruña, resultan os seguintes
Primeiro.- O 24.02.2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. actualmente Nedgia Galicia, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Sarria Lugo expediente IN627A 2008/13-0, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 30.04.2012 e no Boletín Oficial da Provincia do 19.06.2012.
Segundo.- O 09.05.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente e se aprobou o proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL e extensión de rede en MOP 3,5 bar para subministración a Sarria, promovido por Gas Galicia SDG, S.A. actualmente Nedgia Galicia, S.A. expediente IN627A 2016/18-0.
Terceiro.- O 05.12.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou a Addenda ao proxecto de execución da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL e extensión de rede en MOP 3,5 bar para subministración a Sarria, promovido por Gas Galicia SDG, S.A. actualmente Nedgia Galicia, S.A. expediente IN627A 2016/18-0.
Cuarto.- O 01.08.2018 a empresa Nedgia Galicia, S.A. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución correspondente á ampliación de capacidade de almacenamento da planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado GNL para subministración a Sarria Lugo.
A planta satélite de GNL está localizada na parcela con referencia catastral 27057A021010260000JL, polígono 21, parcela 1026. Trátase dunha superficie de 16.166 m cualificada como solo rústico de uso agrario situada ao norte do núcleo urbano.
Proxéctase a ampliación da capacidade da planta satélite de GNL desde os 80 m3 actuais hasta os 140 m3
mediante as seguintes actuacións:

Instalación dun depósito de almacenamento e regasificación de GNL de 60 m3 de capacidade.

O módulo de regasificación existente modifícase mediante a instalación de dous novos regasificadores que proporcionarán gas natural para alimentar a rede de distribución nas seguintes condicións:
- Presión normal de servizo de almacenaxe de GNL: Entre 2 e 9 bar.
- Presión de subministración de gas natural: 3,5 bar.
- Temperatura de subministración de gas natural: 0 20 ºC.

Conexión dos novos elementos á instalación existente
Este proxecto someteuse, baixo o número de expediente IN627A 2018/57-0, aos procedementos de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución.
Quinto.- O 26.09.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da ampliación da
Anuncio publicado en: Num BOP 103 año 2019 06/05/2019 13:39:43
07/05/2019 08:00:00

FEITOS

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/05/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data07/05/2019

Conteggio pagine6

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni