Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 23 DE MAIO DE 2019

N.º 116

CONCELLOS
BURELA
Anuncio
A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 2 de maio de 2019, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal do Prezo Público das ACTIVIDADES PARA DINAMIZAR A VIDA DAS MULLERES
DO CONCELLO DE BURELA correspondente ao exercicio 2019, visto o acordo da Xunta de Goberno Local de 9 de outubro de 2012 polo que se aproban os prezos públicos para as actividades para dinamizar a vida das mulleres censadas e non censadas no Concello de Burela, por importe de 5.190,00 €. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o Alcalde-Presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Para o cobramento dos mesmos, fíxase o período voluntario de cobramento dende o día 28 de maio de 2019 ata o día 29 de xullo de 2019, ambos os dous inclusive.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 13 de maio de 2019.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1408

Anuncio EXPEDIENTE 344/2019. ANUNCIO EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA ACTIVIDADES, XORNADAS, SEMINARIOS, CURSOS E SIMILAR DO CONCELLO DE BURELA PARA O PROGRAMA DE XIMNASIA PREVENTIVA
E FISIOTERAPIA DO EXERCICIO 2019.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 2 de maio de 2019, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal do Prezo Público das ACTIVIDADES, XORNADAS, SEMINARIOS, CURSOS E
SIMILAR DO CONCELLO DE BURELA, PARA O PROGRAMA DE XIMNASIA PREVENTIVA E FISIOTERAPIA
correspondente ao exercicio 2019, visto o acordo da Xunta de Goberno Local de 24 de novembro de 2014 polo que se aproban os prezos públicos para as actividades, xornadas, seminarios, cursos e similar no Concello de Burela, para o programa Ximnasia preventiva e Fisioterapia, por importe de 5.020,00 €. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.

Anuncio publicado en: Num BOP 116 año 2019 21/05/2019 14:33:44
23/05/2019 08:00:00

EXPEDIENTE 343/2019. ANUNCIO EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA ACTIVIDADES PARA DINAMIZAR A
VIDA DAS MULLERES DO CONCELLO DE BURELA 2019.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/05/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data23/05/2019

Conteggio pagine18

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni