Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/05/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 106 venres, 10 de maio de 2019

BOP de Lugo
O PÁRAMO
Anuncio Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 30/04/2019 , o Padrón de contribuíntes do prezo público do servizo de Axuda no Fogar, na modalidade de libre concorrencia ou prestación básica e de dependencia, correspondente ao mes de ABRIL de 2019, polo importe total de 2.267,95€.
Por medio do presente exponse ao público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles, que empezará a contarse dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos de que sirva de notificación colectiva de conformidade co establecido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O Páramo, a 30 de abril de 2019.- O AlcaldePresidente, Gumersindo A. Rodríguez Liz.
R. 1311

PORTOMARÍN
Anuncio CONCESION DE TITULO DE FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DE PORTOMARIN A D. XESUS MATO MATO.

Vistas as solicitudes presentadas por Colectivo Egeria rexistro núm 2019-E-RC-447, Orfeón Lucense rexistro núm 2019-E-RC-448 e Grupo Fotocinematográfico Fonmiña Lugo rexistro núm 2019-E-RC-447 para que se conceda o título de nomeamento de Fillo Adoptivo do Concello de Portomarin a o crego, musicólogo e escritor D.
Xesús Mato Mato.
Vista a Resolución da Alcaldía de data 02-05-2019 onde se acorda iniciar o expediente.
Vista a proposta do instrutor do expediente de data 02-05-2019, por medio do presente:
-

Sometese a información pública por o prazo de un mes, contado dende o ultimo anuncio publicado, o expediente de concesión de titulo de Fillo Adoptivo do Concello de Portomarin a D Xesus Mato Mato.

-

Durante o prazo indicado poderán comparecer no expediente cantas persoas o desexen para constata-los datos, noticias ou xuízos que procedan en relación coa proposta e advera-la xustificación dos merecementos coas informacións, baseándose nas evidentes constancias de servizos, feitos ou actuacións.

En Portomarín a 02 de MAIO de 2019.- O Alcalde, Juan Carlos Serrano López.
R. 1312

RIBAS DE SIL
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 06.05.2019 adoptouse o acordo que literalmente dí:
Visto que corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Vista a ausencia comunicada do Sr. Alcalde por enfermidade que lle obriga a atoparase fóra do Municipio.
Por todo iso, en virtude do disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo cos artigos 44 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, RESOLVO
PRIMEIRO. Delegar en D. Roberto Castro González, Primeiro Tenente de Alcalde, a totalidade das funcións da Alcaldía, nos termos do artigo 23.3 Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, durante o período de ausencia do Alcalde.
SEGUNDO. A delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como a de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros.

Anuncio publicado en: Num BOP 106 año 2019 09/05/2019 13:48:09
10/05/2019 08:00:00

Visto O Regulamento de Honras e Distincións do Excmo Concello de Portomarin aprobado por o Pleno da corporación de data 17 de decembro de 2015 e publicado no BOP de Lugo número 037 de data 16 de febreiro de 2016.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/05/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data10/05/2019

Conteggio pagine5

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni