Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/05/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 099 xoves, 2 de maio de 2019

BOP de Lugo
artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Fíxase o período voluntario de cobramento dende o día 25 de maio de 2019 ata o día 25 de xullo de 2019, ambos os dous inclusive.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 17 de abril de 2019.- O Alcalde Presidente, Alfredo Llano García.
R. 1208

MONDOÑEDO
Anuncio EXPOSICION O PÚBLICO E RECADACIÓN DE IMPOSTOS
A Xunta de Goberno Local deste Concello na sesión do 23 de Abril aprobou o Padrón da TAXA POR RECOLLIDA
DO LIXO DO 2º BIMESTRE DO 2019.
De conformidade co establecido na Lei Xeral Tributaria e nas Ordenanzas Municipais reguladoras, EXPONSE AO
PUBLICO o devandito padrón para que as persoas interesadas, no PRAZO DE QUINCE DIAS contados a partires do anuncio no B.O.P., poidan examinalo e formularen as reclamacións que estimen oportunas.

Rematado o prazo en período voluntario os recibos non pagados serán cargados aos Servicios de Recadación da Excma. Diputación Provincial de Lugo para a súa exacción pola vía de constrinximento cos recargos e demais conceptos esixibles intereses, costas, etc. de conformidade co disposto no artg. 97 e seguintes do R.X. de Recadación.
Mondoñedo, a data da sinatura.- O Tte. Alcalde, Manuel A.Otero Legide.
R. 1209

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓNS TAXA POLO ABASTACEMENTO DE AUGA , TAXA REDE DE SUMIDOIROS E CANON
AUGA MARZO - ABRIL 2019 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 22.04.2019 aprobáronse os padróns da Taxa polo abastecemento de auga, a Taxa de rede sumidoiros e Canon de auga do segundo bimestre 2019 marzoabril.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns.
De conformidade coa Ordenanza xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, a contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns da Taxa polo abastecemento de auga e Taxa pola Rede sumidoiros e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso -administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13
de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co artigo 49.7 do Decreto 136/2012 de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico -administrativa ante o órgano económicoadministrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende se entenda producida a notificación.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 30.04.2019 ata o 01.07.2019.

Anuncio publicado en: Num BOP 99 año 2019 30/04/2019 14:06:39
02/05/2019 08:00:00

Asemade, faise saber que a taxa obxecto deste anuncio estará ó cobro en PERIODO VOLUNTARIO na oficina de Recadación Municipal, sita na Casa Consistorial, de luns a venres, dende o día 1 de Maio ó 30 de Xuño, en días hábiles.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/05/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/05/2019

Conteggio pagine8

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni