Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 053 luns, 4 de marzo de 2019

BOP de Lugo
1- As competencias que teñen atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.
2- As competencias que teñen atribuídas en materia de liquidación e recadación, en período voluntario e executivo, en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, todos eles de vencemento periódico e xestión mediante padrón.
3-As competencias de xestión recadatoria en período executivo de todas aquelas débedas derivadas de liquidacións periódicas, ou non periódicas, realizadas polos concellos en período voluntario, incluídas as sancións e aquelas outras derivadas dun acto administrativo, en virtude do cal houbese de satisfacerse cantidade líquida.
BASE CUARTA. - Alcance do exercicio das competencias delegadas.
A delegación de competencias supón que, a Deputación Provincial, asume a totalidade de funcións e atribucións, tanto en relación a actuacións materiais, como executivas.
Os concellos poderán avocar para si, coa conformidade da Deputación Provincial, a tramitación de determinados expedientes que, pola súa repercusión económico-social, resulte aconsellable.
Calquera outra actuación do concello no ámbito das competencias delegadas suporía un incumprimento das presentes bases.
En ambos os dous supostos, por parte da Deputación, procederase a formular data das liquidacións ou cargos a afectados, e quedará exenta de responsabilidades que puidesen producirse no futuro, e sen que poidan ser cursadas de novo para continuar o procedemento.
En particular sinálanse como competencia da Deputación:
-Declaración de insolvencias e créditos incobrables.
-Actuacións xudiciais en relación a procedementos realizados pola Deputación no marco destas bases, e actuacións xudiciais en materia concursal.

A Excma. Deputación Provincial de Lugo poderá, directamente ou mediante convenio con outras administracións públicas, prestar a súa colaboración para a mellora da xestión tributaria dos concellos, podendo proceder á contratación, con empresas especializadas, de traballos de asistencia técnica, ás condicións da cal poderán acollerse os concellos interesados.
BASE SEXTA. - Formas de xestión.
A Deputación Provincial poderá exercer as competencias delegadas a través de calquera das formas de xestión de servizos previstos pola Lei.
BASE SÉTIMA. - Contías mínimas Non se procederá á xestión liquidación ou recadación daquelas débedas inferiores á contía que se estime ou fixe como insuficiente para a cobertura do custo que a súa exacción ou recadación represente, segundo os criterios que estableza o Ministerio de Economía y Hacienda en desenvolvemento do art. 16 da Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeneral Presupostaria, ou norma que a puidese substituír.
Non obstante poderanse acumular aquelas débedas inferiores á citada contía, referidas a un contribuínte e concepto, polo mesmo exercicio económico.
BASE OITAVACargos en período executivo Os cargos que realicen os concellos para a súa xestión recadatoria en período executivo, haberán de acompañarse dun soporte informático no que se incorporen todos os elementos das débedas tributarias. Os devanditos cargos haberán de ser remitidos á Deputación Provincial, como tempo máximo, no exercicio seguinte a aquel en que se realizara a cobranza en período voluntario.
BASE NOVENA. - Colaboración dos concellos Os concellos prestarán á Deputación Provincial de Lugo a colaboración que resulte necesaria para a boa prestación do servizo.
BASE DÉCIMA. - Compensación económica Polo exercicio das funcións delegadas a Excma. Deputación Provincial de Lugo percibirá unha compensación económica consistente en:
- O 75% da recarga en período executivo procedente, e dos xuros recadados neste período.
Este réxime de compensación económica non se aplicará naqueles supostos de xestión e recadación de ingresos derivados da prestación de servizos por vía da cooperación interadministrativa, según o que se regule no convenio aprobado ao efecto.

Anuncio publicado en: Num BOP 53 año 2019 01/03/2019 10:08:25
04/03/2019 08:00:00

BASE QUINTA. - Mellora da xestión tributaria dos concellos

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data04/03/2019

Conteggio pagine25

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31