Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 128 martes, 8 de xuño de 2021

BOP Lugo
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE DEPORTES
Anuncio EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESIÓN
CELEBRADA O 28 DE MAIO DE 2021 POLO QUE SE APROBAN AS BASES DA CONVOCATORIA QUE REXERÁN
NO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, A CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO QUE PARTICIPAN EN LIGAS OU CAMPIONATOS OFICIAIS
FEDERADOS POR EQUIPOS DE 1 OU 2 CATEGORÍA ABSOLUTA ESTATAL, PARA OS GASTOS DE
TEMPORADA 2020-2021, DO GASTO E MODELOS DE SOLICITUDE E CONTA XUSTIFICATIVA.
SUBVENCIÓNS DESTINADAS A CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO QUE PARTICIPAN EN LIGAS OU
CAMPIONATOS OFICIAIS FEDERADOS POR EQUIPOS DE 1 OU 2 CATEGORÍA ABSOLUTA ESTATAL, PARA OS
GASTOS DE TEMPORADA 2020-2021.
BDNS Identif:
De conformidade co previsto nos artigos 17.3b e 20.8 a da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo poderá consultar na Base de datos Nacional de Subvencións.
http www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/gl/index
Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos da provincia de Lugo que teñan a súa sede e domicilio social na provincia de Lugo e participen en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1
ou 2 categoría absoluta estatal enténdase expresamente o primeiro e segundo nivel de categoría da respectiva disciplina, independentemente da súa denominación, na modalidade para a que solicitan a subvención e dentro das disciplinas indicadas no punto 1.2 da presente convocatoria e que no momento da convocatoria o soliciten de acordo co establecido na presente convocatoria, tendo a consideración de beneficiario da subvención a entidade destinataria dos fondos públicos para a actividade ou acción que dentro da finalidade destas bases, se atope na situación que lexitima a súa concesión. Quedan expresamente excluídas, por tanto, deste procedemento as sociedades anónimas deportivas.
Segundo. Obxecto:
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal, para os gastos de temporada 2020-2021. A elección deste procedemento vén motivada pola propia natureza das subvencións, xa que a súa condición unicamente a determina o cumprimento por parte das entidades solicitantes dos requisitos establecidos na convocatoria, tendo en conta que quedan determinadas as disciplinas e modalidades incluídas e que se vinculan á súa participación en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal enténdase o primeiro e segundo nivel de categoría da respectiva disciplina, independentemente da súa denominación.
As subvencións desta convocatoria teñen por finalidade o fomento e a promoción do deporte lucense no seu ámbito deportivo-competitivo.
Será obxecto deste procedemento de subvencións financiar os gastos de temporada 2020-2021 dos clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1 ou 2 categoría absoluta estatal enténdase expresamente o primeiro e segundo nivel de categoría da respectiva disciplina, independentemente da súa denominación, de como mínimo 15 xornadas de competición regular oficial e nas seguintes disciplinas deportivas e modalidades deportivas:
Fútbol Fútbol sala Baloncesto Voleibol Terceiro. Bases reguladoras A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección, http:
http www.deputacionlugo.gal/gl/a-deputacion/normativas-e-ordenanzas
Anuncio publicado en: Num BOP 128 año 2021 08/06/2021
07/06/2021 08:00:00
13:51:58

Primeiro.- Beneficiarios:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/06/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date08/06/2021

Page count50

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones