Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/06/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 3 DE XUÑO DE 2021

N.º 124

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 26 de maio de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo. Expediente IN407A 2021-17AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Peticionario: BEGASA
- Domicilio Social: Rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.

- Situación: concello de Lugo - Visado: Si, Colexio oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20210471 en data 18 de febreiro de 2021.
- Características técnicas principais:

Reforma do CT non Prefabricado 13612 Iglesia Gándaras, cunha potencia de 250kVA e relación de transformación 20.000/400-230V , consistente en:
Instalación de duas novas celas de liña de SF6, e unha protección de transformador.
Instalación dun cadro de baixa tensión e ampliación.
Instalación de novas pontes de MT e BT.
Modificación do circuito de alumeado, emerxencia e terras.
- Finalidade da instalación : Mellora de instalacións - Orzamento: 34.554,59 €
- Documentación complementaria:

Separata para o Concello de Lugo Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Anuncio publicado en: Num BOP 124 año 2021 03/06/2021
02/06/2021 08:00:00
09:51:35

- Denominación: REFORMA CT 13612 IGLESIA GÁNDARAS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/06/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date03/06/2021

Page count18

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones